miniatura|dereita|Ponte sobre o río Urola en Zestoa.

Zestoa (coñecida en castelán como Cestona) é un concello vasco pertencente á provincia de Guipúscoa e que forma parte da comarca da Costa do Urola. En 2007 contaba cunha poboación de 3.410 habitantes.

Demografía

Límites A superficie do concello abrangue 43,69 km². Zestoa linda polo oeste co concello de Deba, polo norte con Zumaia e mais Aizarnazabal, polo oeste con Aia e polo sur con Azpeitia e Errezil.

Localidades Á parte da propia Zestoa, outras localidades do concello son: Aizarna, Iraeta, Endoia, Arroa goia, Arroa behea, Lasao, Ibañarrieta e Presalde.

Patrimonio Pazo Lili, gótico. Casa do Concello (Udaletxea), data de 1601. Balneario de Zestoa datado en (1804. Hotel Arotzena 1908. Ekainberri, museo réplica da cova de Ekain, datada no Paleolítico Superior, cuxo orixinal está situado no concello de Deba. A reprodución foi inaugurada en setembro de 2008.

Outros O río Urola atravesa o concello; é posíbel practicar o sendeirismo a través de camiños que seguen o río até a costa. Parte do territorio municipal está comprendido no Parque Natural de Pagoeta que se comparte co concello de Zarautz.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do concello de Zestoa

Zestoa - Cestona