miniatura|Sertab Erener Sertab Erener nada en Istanbul o 4 de decembro de 1964, é unha cantante de música pop turca. Foi gañadora do Festival de Eurovisión de 2003, en Riga, Letonia, coa canción "Everyway That I Can".
Traxectoria miniatura|Actuación de Sertab Erener no Festival de Eurovisión do 2004. Sertab estudou música na universidade da cidade antes de comezar a súa carreira musical a carón da estrela turca Sezen Aksu. Lanzou o seu primeiro álbum, Sakin Ol, no ano 1992 e a este seguírono outros catro en turco ó longo da década. O seu álbum Lâ'I foi incluído por Sony Music na súa colección Soundtrack For A Century (Banda Sonora para un Século).
Logo de competir sen éxito en dúas finais nacionais para participar no Festival de Eurovisión en 1989 e 1990, foi elixida de xeito interno no ano 2003 e gañou o certame dese ano coa canción "Everyway That I Can", co-escrita por Demir Demirkan. A canción acadou os número un da música arredor de toda Europa.
Tras o seu éxito de Eurovisión, Sertab lanzou en 2004 o seu primeiro disco en inglés chamado No Boundaries.
No ano 2005, participou no Congratulations: 50 Years of the Eurovision Song Contest, unha competición para elixir a mellor canción de Eurovisión de todos os tempos. A canción súa canción "'Every Way That I Can" rematou novena entre as quince participantes.
No ano 2009, Sertab Erener e Demir Demirkan crearon a banda Painted on Waterhttp://www.myspace.com/paintedonwaterband, e lanzaron un álbum do mesmo nome nos EUA.
Discografía Álbums Sakin Ol! (1992). La'l (1994). Sertab Gibi (1996). Sertab Erener (1999). Sertab (Internacional - 2000). Turuncu (2001). Sertab (Internacional con pistas extra - 2003). No Boundaries (2004). Aşk Ölmez (2005). Sertab Goes To The Club (2007). Paint on Water(2007).
Sinxelos Zor Kadin (1999). Utanma (2000). Bu Yaz (2000). Yeni (2001). Every Way That I Can (2003 - Gañadora do Festival de Eurovisión). Here I Am (2003). I Believe (that I See Love in You) - (2004). Leave (2004)
Notas
Véxase tamén Festival de Eurovisión 2003. Ligazóns externas Páxina Oficial Letra de súa canción Everyway That I Can (en inglés)
Categoría:Participantes en Eurovisión 2003 Categoría:Representantes de Turquía en Eurovisión Categoría:Gañadores de Eurovisión Categoría:Músicos de Turquía Categoría:Nados en Istanbul Categoría:Nados en 1964