Novedades Carminha é un grupo galego de pop e indie fundado en Madrid no 2007. Está composto por Jarri (baixo e voces), Carlangas (guitarras e voces) e Xavi (batería e voces).
Contan con colaboracións con Los Iribarnes, Ataque Escampe ou O Leo i Arremecághona!!!, chegando a gravar algún tema con estes dous últimos. Participaron no disco colectivo Galician Bizarre.
En setembro de 2016 estrean o primeiro videoclip pornográfico de España para o seu tema Ritmo en la sangre, protagonizado polos actores Sylvan e Amarna Miller.
Discografía Grandes éxitos (2008, casete maqueta; autoedición) Te vas con cualquiera (2009; Lixo Urbano / Rumble Records) Te vas con cualquiera (2009, LP de vinilo de 12 polgadas; Bowery Records Sinceramente Carminha (2010, EP de vinilo de 7 polgadas; Bowery Records Jódete y baila (2011; Lixo Urbano) Juventud infinita (2014; Ernie Records) Campeones del mundo (2016; Ernie Records) Ultraligero (2019; Ernie Records)
Notas
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais formados en 2007 Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos de punk en galego Categoría:Grupos de rock en galego