Mbabane (), cunha poboación estimada de 70.000 habitantes (2003), é a capital de Eswatini. É tamén a capital do distrito de Hhohho.
Xeografía A cidade está situada nun planalto a uns 1150 m de altitude, no val do río Mbabane, tributario do Polinjane River, e cerca dos montes Mdimba. O posto fronteirizo máis próximo con Suráfrica é Ngwenya-Oshoek.
Clima miniatura|dereita|250px|Rúa en Mbabane A relativamente elevada altura na que se localiza Mbabane mitiga o clima tropical que lle corresponde pola súa latitude; con todo as temperaturas medias son altas, con 15 °C de media en xullo (o centro do inverno austral) e 22 °C en xaneiro (verán austral)The Cambridge Factfinder, fourth edition.
Breve Historia Mbabane comezou a medrar a partir de 1902, cando o centro administrativo da colonia foi trasladado desde Manzini. Na actualidade é o corazón comercial das terras da veciñanza, nas que se explotan minas de estaño e ferro. A minería, a exportación de azucre e o turismo, son os rubros que dinamizan a economía de Mababane e de toda Eswatini.
miniatura|esquerda|300px|Cabana-tenda portátil en Mbabane.
Educación Mbabane é sede do Waterford-KaMhlaba United World College de África do Sur.
Cidades irmandadas Fort Worth Taipei
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Mbabane
Categoría:Eswatini Categoría:Capitais de África