Gilbert Keith Chesterton, nado en Londres o 29 de maio de 1874 e finado en Beaconsfield o 14 de xuño de 1936, foi un escritor inglés de inicios do século XX. Cultivou, entre outros xéneros, o ensaio, a novela, a biografía, a poesía, o xornalismo e o libro de viaxes. O seu personaxe máis famoso é o Padre Brown, un sacerdote católico de aparencia inxenua que exerce de detective e que aparece en máis de 50 historias reunidas en cinco volumes, publicados entre 1911 e 1935.
Traxectoria Gilbert Keith naceu nunha familia de clase media, e foi bautizado nunha pequena igrexa anglicana, chamada St. George. Ao pouco de nacer Chesterton o seu pai xubilouse por un problema cardíaco, pero seguiu obtendo unha renda do seu negocio familiar de topografía. Chesterton tivo dous irmáns, unha maior, chamada Beatrice, que faleceu sendo aínda nena, e un máis novo, Cecil, co que compartiría aventuras xornalísticas.
A súa educación iniciaríase na escola de Colet Court, en 1881, onde permaneceu ata 1886. En xaneiro de 1887 ingresou nun colexio privado de nome St. Paul, en Hammersmith Road. Logo estudaría debuxo e pintura na Slade School of Art" (1893-1896), onde aprendeu a debuxar, algo que máis adiante lle permitiría ilustrar tanto para as súas obras, como libros do seu amigo Hilaire Belloc.
Durante esta época interesouse polo ocultismo. Na súa Autobiografía sinala que dentro do grupo dos que realizaban espiritismo, ocultismo ou xogos co demo?, el era o único dos presentes que realmente cría no demo. Retirouse da universidade sen alcanzar un título, e comezou a traballar en diferentes xornais, onde traballou como editor de literatura espiritista e teosofía.
As colaboracións cos xornais fixérono rapidamente famoso. Opúxose á guerra dos Bóers de 1889, pola súa ideoloxía antiimperialista, pero denostaba o pacifismo, e apoiou a participación británica na primeira guerra mundial (1914-1918). Porén, non participou en ningunha das dúas: medía 1'93 centímetros e pesaba ao redor de 134 quilos.
Asociado primeiro aos liberais británicos, comezou a escribir en The Speaker e a gañar sona como autor de ensaio e de novelas, como coa novela O Napoleón de Notting Hill (1904), ou con Heretics, un ensaio de 1905 onde se dedica á crítica literaria de Lev Tolstoi ou Bernard Shaw. Continuou as súas simpatías liberais escribindo no Daily News, pero a partir de 1910, grazas á súa amizade co escritor anglofrancés Hilaire Belloc, deu unha fonda viraxe relixiosa e ideolóxica. Dende o punto de vista relixioso, Chesterton, que na súa mocidade virara agnóstico e que a raíz de que en 1901 contraera matrimonio con Frances Blogg, anglicana practicante, se achegara de novo ao cristianismo, comezou a achegarse ao catolicismo. Con todo, non se convertería, logo dun amplo tempo de reflexión, ata 1922.
Por outra parte, Belloc compartiu con el a teoría política que os faría famosos, o distributismo, unha especie de reforma agraria que lle concedería a cada británico unha pequena propiedade de terra para a súa explotación de carácter anticapitalista. O distributismo afastouno do liberalismo e achegouno ao tradicionalismo, se ben mantivo unha ampla independencia partidaria. Foron os tempos dos tres xornais que fundaron entre el, Belloc e máis seu irmán Cecil: o Eye Witness (1911), o New Witness (1912), e posteriormente, logo de problemas económicos e de que Cecil falecese na guerra en 1916, o G.K.'s Weekly (1925).
Obras The Wild Knight and Other Poems, 1900 The Defendant, 1901 Twelve Types, 1902 Robert Browning, 1902 The Napoleon of Notting Hill, 1904 G. F. Watts, 1904 The Club of Queer Trades, 1905 Heretics, 1905 Charles Dickens, 1906 The Man Who Was Thursday, 1908. Traducido ao galego por Marta Verán Pais como O home que era Xoves (2010). Orthodoxy, 1908 All Things Considered, 1908 George Bernard Shaw, 1909 Tremendous Trifles, 1909 The Ball and the Cross, 1910 What's Wrong with the World, 1910 Alarms and Discursions, 1910 The Innocence of Father Brown, 1911 The Ballad of the White Horse, 1911 Manalive, 1911 A Miscellany of Men, 1912 The Victorian Age in Literature, 1912 The Wisdom of Father Brown, 1914 The Flying Inn, 1914 The Barbarism of Berlin, 1914 The Crimes of England, 1915 A Short History of England, 1917 Irish Impressions, 1919 The New Jerusalem, 1920 Eugenics and Other Evils, 1922 The Man Who Knew Too Much, 1922 What I Saw in America, 1922 Francies versus Fads, 1923 St. Francis of Assisi, 1923 The Everlasting Man, 1925 Tales of the Long Bow, 1925 William Cobbett, 1925 The Outline of Sanity, 1926 The Incredulity of Father Brown, 1926 Collected Poems, 1927 The Return of Don Quixote, 1927 Robert Louis Stevenson, 1927 The Secret of Father Brown, 1927 Generally Speaking, 1928 The Thing, 1929 The Poet and the Lunatics, 1929 Come to Think of It, 1930 The Resurrection of Rome, 1930 Four Faultless Felons, 1930 St. Thomas Aquinas, 1933 All I Survey, 1933 Avowals and Denials, 1934 The Well and the Shallows, 1935 The Scandal of Father Brown, 1935 Autobiography, 1936 The Paradoxes of Mr. Pond, 1937, póstuma. The Common Man'', 1950, póstuma.
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Ensaístas Categoría:Poetas de Inglaterra Categoría:Xornalistas de Inglaterra Categoría:Novelistas do Reino Unido Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Notre Dame Categoría:Personalidades do catolicismo do Reino Unido