RoncesvalesRozavales, unha retoponimización xacobea, Toponimia.xunta.gal.Roncesvales . Como pichando o chán dun sanduario, pousaron na cháira herbosa de Roncesvales e no paso de Ibañeta, en A romaría de Xelmírez, novela de Ramón Otero Pedrayo (1934), páx. 156; na mesma publicación, Claudio Rodríguez Fer nun texto de 1992. (en éuscaro: Orreaga, en castelán: Roncesvalles, oficialmente Orreaga/Roncesvalles) é un concello de Navarra. Esténdese por unha área de 15,1 km² onde no ano 2009 vivían 30 habitantes, 6 máis ca no ano 2007 cando eran 24. Encóntrase a 923 metros sobre o nivel do mar.
Historia Roncesvales foi de sempre vía de paso obrigatoria para entrar na Península Ibérica. Por Roncesvales penetraron fundamentalmente os celtas, os bárbaros (409), os godos que se estableceron ao longo da conca do Douro, e naturalmente o rei Carlomagno co máis poderoso exército do século VIII, camiño da cidade de Zaragoza. Carlomagno, dado que foi derrotado en Zaragoza, decidiu, camiño do seu reino, reducir a ruínas a capital dos vascóns, Pamplona. Foi ao regreso, nos Pireneos, entre o collado de Ibañeta e a hondonada de Valcarlos, onde houbo de sufrir unha contundente emboscada por partidas de nativos vascons, aos que lles resultou fácil provocar un mancar xeral a base de lanzar rocas e dardos. Le Chanson de Roland, escrita nalgún lugar de Francia cara a finais do século XI, concibiu o desastre no chairo, entre Roncesvales e a vila de Burguete, e os atacantes xa non eran vascons, senón sarracenos, quen en realidade nunca chegaron a expandir os seus dominios tan ao norte.
Lingua De acordo coa Lei Foral do 18/1986 do 15 de decembro sobre o vasco o regulamento do seu uso e o súa oficialización. sobre o lugar da Adaptación lingüística no Mundo. Navarra divídese lingüisticamente en tres zonas. Este municipio forma parte da zona vascófila onde a utilización do vasco é maioritaria. Utilízase o vasco e o castelán na administración pública, nos medios de comunicación, nas manifestacións culturais e na educación; con todo o uso é corrente e xeralmente fomentado.
Demografía
Política
O repartimento de escanos quedou deste xeito:
<th> AER PSOE Outros Total 2007 1 0 0 1
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Batalla de Roncesvales Lista de concellos de Navarra
Categoría:Concellos de Navarra Categoría:Localidades do Camiño Francés