Som do Galpom é un grupo musical galego creado en decembro de 2005. Tamén é o nome dun primeiro EP de seis temas descargábel desde a páxina web do selo A Regueifa Plataforma.
Entre os fitos da súa curta carreira coma banda destacan o 2º posto no certame GZcrea 2007. No 2008 foron gañadores do Foundation Reggae Festival, e mais do II Certame Nsaio no Camiño. Ademais participaron no concurso organizado polo xornal electrónico Vieiros e a Radio Galega, A polo ghit 2008 coa canción "Na cama".
En marzo de 2009 publicouse o seu primeiro disco, Em Terra de Ninguém. O primeiro single deste disco é "Quedamos nesa praza".
Compoñentes
Gael Bassave: voz. Brais Bassave: violín. Pablito Mordecán: batería. Guillermo Vistoso: guitarra. Iván Bernárdez: baixo.
Discografía
Em Terra de Ninguem (2009) Galinha de Troia (2013)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Som do Galpom no Foundation Reggae Festival
Categoría:Grupos musicais de funk Categoría:Grupos musicais de reggae Categoría:Grupos musicais de Santiago de Compostela Categoría:Grupos musicais en galego