O abrón é unha lingua kwa, pertencente ao grupo akan falada en Ghana.
Distribución xeográfica No suroeste de Ghana concéntrase case o 80% dos falantes de abrón, o 20% restante vive na rexión de Costa do Marfil fronteiriza con Ghana.
Escrita e usos sociais En 1962 tradúcese a Biblia e dende 1975 apareceron diversas obras didácticas para a aprendizaxe do abrón. En 1999 creouse a organización Sannbefa, coa pretensión de promover as linguas tradicionais de Costa do Marfil, especialmente o abrón, puxo en marcha catro centros de alfabetización para adultos en abrón e publicou diversos manuais didácticos e culturais en abrón (Guide d'orthographe abron (1999), Je veux apprendre la langue abron (2000) para facer fronte á perda lingüística en favor do francés nas vilas abrón de Costa do Marfil.
Véxase tamén Ligazóns externas Ethnologue
Categoría:Linguas níxer-congo Categoría:Linguas de Ghana