A Estación de Bioloxía Mariña da Graña é unha institución científica pertencente á Universidade de Santiago de Compostela que está situada na parroquia da Graña no concello de Ferrol, e dentro da ría de Ferrol. A finalidade desta institución, dirixida por Victoriano Urgorri, é o maxisterio e a investigación da bioloxía mariña en xeral e o asesoramento e difusión en todos os temas e estudos relacionados coa fauna e flora mariñas de Galicia. Tamén serve como un instrumento para as relacións e intercambios de coñecementos científicos entre outras institucións semellantes e universidades do estado español e o resto do mundo.

A Estación está composta de dous edificios singulares, a Casa do Hórreo e a Casa da Estrela. Estas dúas antigas construcións foron rehabilitadas con fondos europeos para adecualas á investigación. Conta cunha superficie duns 900 m² e os equipamentos seguintes:

4 laboratorios. Biblioteca e sala de ordenadores. 8 cuartos cun total de 28 prazas. Sala de mergullo. Sala de lecer, comedor e cociña. Aula e sala de mergullo. 2 cámaras de conxelación. Cámara de investigación con control de temperatura e fotoperíodo. Tanque de auga de mar de 15 m³. 2 barcos de 12 e 5,25 m de eslora respectivamente.

Imaxes da Estación

Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Bioloxía Categoría:Oceanografía Categoría:Institutos e centros de investigación de Galicia

Categoría:Ferrol