O Souto de Rozavales, tamén nomeado Souto de RozabalesO nome oficial segundo o Nomenclátor da Xunta de Galicia é Souto de Rozavales; no DOG e en varias páxinas de información sobre o souto, tamén da Xunta de Galicia, aparece co nome de Souto de Rozabales., é un souto de castiñeiros que se atopa na parroquia de San Martiño de Manzaneda (Manzaneda). Neste souto destaca o castiñeiro de Pumbariños, declarado árbore senlleira, que é a súa árbore máis singular xa que ten un perímetro basal de 13 metros e unha base de 1,90 metros. Este souto adevesado e en xeral enxertado empregouse para obter madeira e castañas e pode ter preto de 1.000 anos.

Foi declarado monumento natural polo Decreto 78/2000, do 25 de febreiro e incluído no catálogo de árbores senlleiras en 2007.

Características O souto ten unha extensión aproximada de 1,8 ha. Os exemplares do souto son enxertados e durante séculos foron aproveitados para a recollida de castañas. O souto está dentro da ruta turística ruta Ourense Oriental da Xunta de Galicia.

Castiñeiro de Pumbariños O castiñeiro de Pumbariños é un castiñeiro da especie Castanea sativa Mill. O castiñeiro é de máis de 13 metros de perímetro e cunha base, da base ata as pólas, de 1.90 metros. Ten un perímetro medio de 12,15 m (entre 13 e 15 en función da altura do toro) As súas polas principais son de entre 6 e 8 metros e a súa copa abrangue un diámetro de 20 metros. Calcúlaselle unha idade de 500 anos, polo que sería unha das árbores galegas coñecidas máis vella.

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Monumentos naturais de Galicia Categoría:Árbores senlleiras de Galicia Categoría:Bosques de Galicia Categoría:Manzaneda