San Romao da Retorta é unha parroquia do concello de Guntín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2010 tiña 101 habitantes, deles 55 eran homes e 46 eran mulleres, o que supón unha diminución de habitantes en relación ao ano anterior, 2009.
Patrimonio Quedan pegadas da prehistoria no castro da Retorta. Un miliario adicado a Calígula no 40 d.C., atopado nos anos oitenta é un sólido indicio de que pola parroquia pasaba a Vía XIX. O miliario orixinal consérvase no Museo de los Caminos de Astorga. Na parroquia colocouse unha reprodución.
A igrexa parroquial de San Romao da Retorta é románica. Construída a finais do século XII, ten planta rectangular. A súa primitiva cabeceira foi substituída no século XVII, conserva íntegros os muros da nave, con dúas portadas no norte e oeste.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Santa Euxea
Parroquias de Guntín
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Guntín
Ligazóns externas As parroquias de Guntín na web do concello
Categoría:Parroquias de Guntín Categoría:Localidades do Camiño Primitivo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Romao