A Gaita Gallega, subtitulada Repinica muiñeiras, alboradas e fandangos unha vez ó mes, foi unha publicación mensual galega, fundada por Manuel Lugrís Freire e Ramón Armada Teixeiro, editada na Habana dende o 5 de santiago de 1885 ata o 18 de decembro de 1887. Reapareceu o 20 de santiago de 1889 ata decembro dese mesmo ano como suplemento de El Eco de Galicia, revista dirixida por Waldo Álvarez Insua.
Historia e características miniatura|"¡Rousalía Castro morreu!", por Secundino Cora e "A rola de Galicia Rousalía Castro de Murguía" por Valentín Lamas Carvajal. É a primeira revista da emigración escrita integramente en lingua galega. Os seus fundadores foron Roque d´as Mariñas (pseudónimo de Manuel Lugrís Freire) e Chumín de Céltegos (Ramón Armada Teixeiro). Lugrís estivo vinculado a esta empresa só nos primeiros números. Nos seus catro anos de vida editáronse 20 números ordinarios e un especial sobre a morte de Rosalía de Castro.
Publicou fragmentos do Catecismo do labrego e numerosos artigos de costumes.
Incluíu textos, entre outros, de Antonio de la Iglesia, Marcial Valladares, Francisco Lourido Sánchez, Manuel Amor Meilán, Lisardo Barreiro, Rosalía, Manuel Curros Enríquez, Valentín Lamas Carvajal, Alberto Camino, Andrés Muruais, Juan Barcia Caballero, Francisco Añón, Enrique Labarta Pose, Eduardo Pondal, Nicomedes Pastor Díaz, Rogelio Civeira, Alberto García Ferreiro, José García Mosquera, Francisco María de la Iglesia, Benito Losada Astray, Adolfo Mosquera, Roque Pesqueira Crespo, Xoán Manuel Pintos, Eladio Rodríguez González, Francisco Romero Blanco, Javier Valcarce Ocampo, Juan Manuel Rodríguez de Cea e Secundino Cora García. Inclúe os facsímiles.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Alonso Montero, Xesús (1995). Lingua e literatura galegas na Galicia emigrante. Xunta de Galicia.
Outros artigos O Tio Marcos d'a Portela A gaita gallega (1853), libro de Xoán Manuel Pintos. Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas Enciclopedia da emigración galega Confederación Intersindical Galega.
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura da Habana