miniatura|240px|Anser albifrons. miniatura|240px|Branta ruficollis. miniatura|240px|Cygnus melanocporyphus.
A dos anserinos (Anserinae) é unha subfamilia de aves anseriformes pertencente á familia dos anátidos, que inclúe os gansos e os cisnes.
Dúas destas destas especies, o ganso bravo (Anser anser) e o ganso cisnoide ou ganso chinés (Anser cygnoides), foron domesticados e críanse para aproveitar a súa carne, as súas plumas e o seu fígado, este último como materia prima do foie-gras de ganso.
Especies Especies de gansos Xénero Anser - gansos Anser anser - ganso bravo - Europa temperada e Asia. Anser albifrons - ganso careto - Ártico de Norteamérica, Europa e Asia; inverna ao sur. Anser erythropus - ganso pequeno - Subártico de Europa e Asia, inverna ao sur. Anser fabalis - ganso campestre - Ártico e subártico de Europa e Asia, inverna ao sur. Anser brachyrhynchus - ganso bicocurto - Ártico, océano Atlántico (costas), inverna no suroeste de Europa. Anser indicus - ganso de cabeza listada - Montañas temperadas do centro de Asia, inverna no sur da India. Anser cygnoides - ganso cisnoide - Zona temperada do leste de Asia, inverna no sur. Xénero Chen - gansos brancos (algúns autores clasifícano como subxénero de Anser).Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes Chen caerulescens - ganso nival - Ártico ou subártico de Norteamérica, inverna ao sur. Chen rossii - ganso de Ross - Ártico de Norteamérica, inverna ao sur. Chen canagica - ganso emperador - Costas árticas do océano Pacífico, inverna a curta distancia do sur. Xénero Branta - gansos Branta leucopsis - ganso sangano - Ártico do océano Atlántico (costas), inverna no suroeste de Europa. Branta canadensis - ganso do Canadá- Ártico e zona temperada de Norteamérica, inverna ao sur ou é residente. Introducido en Europa, sobre todo no Reino Unido. Branta hutchinsii - Ártico e zona temperada de Norteamérica, inverna ao sur ou é residente. Habitualmente considerado como parte de Branta canadensis. Branta sandvicensis - ganso de Hawai - Hawai, residente. Branta hylobadistes † - ganso de Hawai xigante - Habitaba en Maui, Hawai. Extinto en época prehistórica. Branta bernicla - ganso de cara negra. Branta ruficollis - ganso paporrubio - Ártico de Asia, inverna no sueste de Europa. Xénero Cereopsis Cereopsis novaehollandiae - Sueste de Australia, residente ou nómade. Distinto dos outros gansos que pertencen á subfamilia. Xénero Cnemiornis † - gansos de Nova Zelandia. Extintos en época prehistórica. Cnemiornis calcitrans † - Nova Zelandia, illa do Sur, extinguido en época prehistórica. Cnemiornis gracilis † - Nova Zelandia, illas do Norte, extinguido en época prehistórica.
Especies de cisnes Xénero Cygnus Cygnus columbianus - cisne pequeno - Ártico de Norteamérica, Europa e Asia, inverna no sur. Cygnus columbianus bewickii - cisne de Bewick - Siberia, inverna nas costas do mar do Norte, mar Caspio, mar Amarelo e o Xapón. Cygnus cygnus - cisne bravo - Subártico de Europa e Asia, inverna no sur. Cygnus buccinator – cisne trompeteiro - Subártico de Norteamérica, inverna no sur. Cygnus olor - cisne común - Europa temperada e Asia, residente. Cygnus atratus - cisne negro - Australia, residente ou nómade. Cygnus sumnerensis † - cisne negro de Nova Zelandia - Posibelmente illas Chatham, extinto en época prehistórica; tamén considerado subespecie de Cygnus atratus (Cygnus atratus sumnerensis). En Nova Zelandia introduciuse posteriormente a especie australiana Cygnus atratus. Cygnus melancoryphus - cisne de pescozo negro - Sueste de Suramérica, inverna no norte. Xénero Coscoroba Coscoroba coscoroba - cisne coscoroba – Sur e centro de Suramérica, inverna ao norte.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Carboneras, Carles (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)". En: del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew & Sargatal, Jordi (eds.): Handbook of Birds of the World (Volume 1: Ostrich to Ducks): 536-629, plates 40-50. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5. Fox, A. D. & Stroud, D. A. (2002): "Greenland White-fronted Goose". Birds of the Western Palearctic Update 4 (2): 65-88. Madsen, J.; G. Cracknell & Tony Fox (1999): Goose Populations of the Western Palearchtic , Wetlands International, Wageningen.
Outros artigos Anseriformes Anátidos Gansos Cisnes
Ligazóns externas Anserinae no ITIS. Anserinae na ADW . Vídeos de gansos en Internet Bird Collection
Categoría:Anátidos