Acontecementos 2 de abril - Levantamento liberal en Galiza contra o poder central que remata co fusilamento dos Mártires de Carral.

Nacementos 5 de xaneiro - Rudolf Christoph Eucken, filósofo alemán, premio Nobel de Literatura en 1908. 8 de febreiro - Andrés Martínez Salazar, polígrafo que dedicou a maioría dos seus traballos a asuntos galegos (m. 1923) 10 de febreiro - Ira Remsen, químico norteamericano. 4 de abril - Isidore Ducasse, conde de Lautréamont, poeta uruguaio-francés. 20 de abril - Alexandre Serpa Pinto, explorador portugués (m. 1900). 28 de abril - Benito Núñez Forcelledo, xurista e catedrático galego (m. 1890). 5 de maio - Henryk Sienkiewicz, escritor polonés, Premio Nobel (m. 1916).

2 de xuño - Victorino Abente Lago, escritor galego (m. 1935). 27 de xuño - Charles Stewart Parnell, líder político irlandés. 17 de xullo - Jaime Ozores de Prado, militar e filántropo galego. 7 de agosto - Hermann Paul, lingüista alemán (m. 1921). 14 de setembro - Joaquín Costa, avogado, intelectual español (m. 1911) 11 de outubro - Carlos Pellegrini, presidente da Arxentina (m. 1906) 28 de outubro - Georges Auguste Escoffier, foi un chef francés, restaurateur e escritor que popularizou e renovou os métodos tradicionais da culinaria francesa.(m.1935) 1 de novembro - Valentín Lamas Carvajal, escritor e xornalista galego.

Mortes 17 de marzo - Friedrich Bessel, matemático alemán. 22 de abril - Miguel Solís, militar español, fusilado en Carral. 1 de xuño - Papa Gregorio XVI. José María Calatrava, político e xurista español. Rodolphe Töpffer, pedagogo suízo, considerado o pai da banda deseñada moderna.

Outros Historia ano a ano

Categoría:1846