Vilaxoán é unha vila situada na parroquia de Sobrán, en Vilagarcía de Arousa. Foi concello de seu entre 1836 e 1913.
Segundo o IGE, no ano 2025 tiña 1 329 habitantes (704 mulleres e 625 homes), o que representa un descenso de poboación respecto ós anos 2016, cando tiña 1 354 habitantes, e 2010, cando eran 1 428.
Neste lugar está a igrexa de San Martiño de Sobrán.
Historia Non se ten moita constancia da poboación desta vila en épocas remotas, pero os indicios levan a pensar que debeu estar habitada dende tempos moi antigos. Tomando como base os estudos que se fixeron a fins do século XIX e primeiros do XX, onde apareceron varios obxectos de pedra pulimentada e cobre pertencentes a razas aborixes, pódese dicir que a vila debeu estar habitada nunha época cando menos anterior á neolítica, e polo tanto, prehistórica, aínda cando estes elementos se atopen tamén en moitos lugares. Tamén apareceron achados de olería romana e moedas dos emperadores Constancio Cloro e Constantino, o que dá a entender que os romanos tiveron contacto coa vila. Os topónimos que atopamos en toda a freguesía nos dan pé para dicir que os iberos, fenicios, gregos, celtas e romanos primeiro e os godos, suevos, normandos e árabes despois, estiveron poboando este porto de Sobrán .
Nos escritos de Manuel Murguía (Galicia, 1888), cítase o cuncheiro (kjoekkenmoedding) que se atopou á saída de Vilagarcía en dirección a Cambados e a curto treito do convento de Agustinas (xurisdición de Sobrán naquelas datas). No depósito de cunchas, entre as que predominaban cunchas de ostras, berberechos e mexillóns, había mesturados ósos de grandes dimensións que supuxo pertencían a grandes paquidermos extintos. Entre tódolos refugallos tamén apareceron fragmentos de cerámica e mosaicos romanos. O depósito foi estudado por Ramón del Valle Bermúdez, pai do literato Ramón del Valle-Inclán.Citado por Víctor Bejega García: El marisqueo en el Noroeste de la península Ibérica durante la Edad del Hierro y la época romana, tese de doutoramento na Universidade de León, 2015, px. 54-55.
A Enciclopedia Universal Ilustrada de 1920 fala da punta do Preguntoiro e un pouco máis aló da punta da Gorma é do illote do mesmo nome, que era un punto preferido dos mariñeiros de Vilaxoán na pesca do congro ao palangre, comentando que, tendo este illote moi pouca extensión debeu estar habitado en tempos remotos, pois nel afloraban en 1915 anacos de tégula romana.
O escritor Fermín Bouza-Brey sostén a teoría de que porto de Vilaxoán era utilizado xa polos romanos, que arribaban de cando en vez nas súas viaxes pola ría de Arousa. Baséase nos achados de gran cantidade de restos de ánforas que supón procedentes da limpeza dos barcos que se atopaban no porto.Marcelino Agís Villaverde: Ruta del Padre Sarmiento a Santiago rodeando el Salnés, Mancomunidad do Salnés 2019, px. 99 .
Patrimonio Pazos Pazo de Sobrán Pazo de Pardiñas Pazo do Rial Igrexas Igrexa de San Martiño de Sobrán, en Sobrán, románica (século XI).
Vilaxoán na literatura popular Os de Vilagarcía/ mataron un burro,/ os de Carril, comérono crudo/ e os de Vilaxoán puxeron a bandeira/ para que lles deran a tripa cagueira Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 190. No texto: Vilaxohán, lle deran..
Lugares e parroquias Lugares de San Martiño de Sobrán
Parroquias de Vilagarcía de Arousa
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Lugares de Vilagarcía de Arousa Categoría:Lugares divididos entre dúas parroquias