Rui Manuel César Costa, nado o 29 de marzo de 1972 en Amadora, é un exfutbolista portugués. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección portuguesa. Na actualidade é o director deportivo do SL Benfica.
Biografía Debutou no AD Fafe en 1989 antes de fichar polo SL Benfica, onde gañou a Copa de Portugal en 1993 e a Superliga en 1994. Ese ano partiu ao AC Fiorentina de Italia, onde gañou a Copa Italia e a Supercopa italiana, en 1996.
En 2001 fichou polo AC Milán, onde gañou a Liga de Campións, a Copa Italia (2003) e un Scudetto, en 2004.
En 2006 volveu ao club do seu corazón, o Benfica, asinando un contrato en branco e demostrando así o seu amor polo club que apostou por el e formouno. Xa un episodio deste xénero manifestouse antes cando nun amigable no que Rui Costa xogaba pola Fiorentina contra o Benfica en Lisboa, tocoulle marcarlle un gol ao equipo local e no canto de celebralo fixo todo o contrario, púxose a chorar e a pedir desculpas por marcarlle un gol ao Benfica en Lisboa.
Selección Nacional Pola Selección gañou o Mundial Sub-17 (1989) e o Mundial Sub-20 (1991). Ademais xogou o Mundial de 2002 e as Eurocopas de 2000 e 2004, nesta última anunciando a súa retiro da Selección.
O retiro de Rui Costa Pasaron 18 anos desde que un atrevido Rui Costa debutase co Benfica en 1991 e, desde entón, todo foron éxitos e loanzas. Pero todo ten un fin, Rui Costa tíñao claro, "non daba para máis" e aos seus 36 anos non quería "arrastrarme polos campos". O Vitoria de Setúbal foi o rival escolleito e con el, o xogador despediuse do fútbol en activo tras unha brillante traxectoria en Portugal, pero sobre todo en Italia.
Para a historia quedará aquela dupla con Batistuta na Fiorentina dos últimos anos da década dos noventa ou a Champions League que levantou, en 2003, co Milán.
Actualmente exerce como director deportivo do Benfica, tres días despois do seu retiro da actividade profesional.
Títulos Campionatos Nacionais Benfica - (Portugal) - 1993 (Copa de Portugal) Benfica - (Portugal) - 1994 Fiorentina - (Italia) - 1996 (Copa Italia) Fiorentina - (Italia) - 1996 (Supercopa italiana) Milán - (Italia) - 2003 (Copa Italia) Milán - (Italia) - 2004 (Scudetto) Milán - (Italia) - 2004 (Supercopa Italiana)
Copas Internacionais Milán - (Italia) - 2003 (Liga de Campións) Milán - (Italia) - 2003 (Super Copa de Europa)
Distincións Individuais Galardoado como un dos FIFA 100 - 2004
Participacións en Copas do Mundo Copa Mundial de Fútbol de 2002 - (Portugal) - 2002
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en portugoal.net
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do ACF Fiorentina Categoría:Xogadores do AC Milan Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Directores deportivos de fútbol