Os premios Galicia en Feminino, promovidos pola Consellaría de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia, foron uns galardóns que recoñecían o labor de profesionais e colectivos a favor da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Os premios foron creados no ano 2001 polo Servizo Galego de Promoción de Igualdade do Home e da Muller mediante resolución de 14 de febreiro de 2001. En 2004 modificáronse as bases mediante resolución de 30 de xaneiro de 2004 para darlle unha maior significación e realce aos mesmos, destacando o labor e o esforzo das mulleres galegas na consecución da igualdade de xénero.

Os premios Galicia en Feminino entregáronse anualmente o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Así os definía Manuel Fraga:

Modalidades As modalidades convocadas para os premios Galicia en Feminino, cando se creou o premio en 2001, foron:

Premio á participación laboral das mulleres. Premio á difusión de imaxe non discriminatoria das mulleres. Premio á participación artístico-cultural das mulleres. Premio á participación social das mulleres. Distinción honorífica pola defensa da igualdade.

A partir de 2004, as modalidades convocadas para os premios Galicia en Feminino, foron as seguintes:

Premio Galicia en Feminino: para a figura feminina ou a entidade, asociación, etc. que realizase a actuación máis salientable na consecución da igualdade de oportunidades das mulleres galegas no ano inmediatamente anterior ó da súa convocatoria Premio Galicia en Feminino de participación: para persoas individuais ou entidades, asociacións, etc., das que fora salientable o seu labor nos eidos político, social ou profesional. Premio Galicia en Feminino de cooperación: para persoas individuais ou entidades, asociacións, empresas, clubs deportivos, etc. que se significasen polas súas accións a favor da igualdade de oportunidades para as mulleres galegas. Premio Galicia en Feminino de creación: para unha muller ou grupo de mulleres en recoñecemento do seu labor creativo nos eidos artístico, científico, cultural e divulgador en Galicia. Premio Galicia en Feminino de comunicación: para persoas individuais, colectivos ou empresas, de orixe galega, ou que desenvolvesen o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia.

Galardoadas Ano 2001 Premio á difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres: Marina Mayoral, escritora, profesora e ensaísta. Premio á participación artístico-cultural das mulleres: grupo Leilía Premio á participación laboral das mulleres: Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra (APEC) Premio á participación social das mulleres: Rosa Otero, presidenta da Asociación Antonio Noche, da Coruña. Premio honorífico pola defensa da igualdade: Natividad Marcotegui, directora do Centro Vagalume, de Santiago.

Ano 2002 Premio á difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres: Ángela Rodicio, xornalista. Premio á participación artístico-cultural das mulleres: Luz Pozo Garza, poeta. Premio á participación laboral das mulleres: María José Jove, vicepresidenta de Fadesa. Premio á participación social das mulleres: Carmen Avendaño, coordinadora do centro Érguete. Premio honorífico pola defensa da igualdade: Carmela Arias, condesa de Fenosa e presidenta da Fundación Barrié de la Maza.

Ano 2003 Premio pola difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres: Blanca García Montenegro, presidenta Grupo El Progreso. Premio pola súa participación artístico-cultural: Teresa Portela, piragüista. Premio á participación laboral das mulleres: Asociación de Mariscadoras Areal, presidenta Dolores Bermúdez. Premio á participación social das mulleres: María Teresa Fernández Cabaleiro, presidenta da Asociación Juan XXIII. Premio honorífico pola defensa da igualdade: Manuela López Besteiro, ex conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Ano 2004 Premio Galicia en feminino: Ana Pastor, ministra de Sanidade. Premio de participación: Ana Míguez, presidenta da Asociación Alecrín. Premio de cooperación: Carmen Colmenero, presidenta de Cruz Vermella Galicia. Premio de creación: Kina Fernández, deseñadora. Premio de comunicación: Marisa Real, directora de Club Faro de Vigo.

Ano 2005 Premio Galicia en feminino: Chus Lago, alpinista. Premio de participación: Empresa PSA-Citröen. Premio de cooperación: Irene Cuervo, mestra directora do Centro de Día Ó Mencer, de Ferrol. Premio de creación: Toñi Vicente, cociñeira. Premio de comunicación: Mariana Carballal, actriz e directora da serie Libro de familia.

Notas

Categoría:Xunta de Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes Galicia en Feminino