Zu é un trío italiano de música experimental, cun son que combina elementos do free jazz, do punk rock e doutros xéneros e que se ven consolidando nos últimos anos dentro do panorama musical europeo de vangarda.
Traxectoria A banda formouse en Italia por volta de 1997, nun principio co obxectivo de facer música para representacións teatrais. Os seus membros son tres: Luca Mai ao saxo barítono, Massimo Pupillo ao baixo e Jacopo Battaglia á batería. Ao longo destes anos a bandas publicou un total de 14 álbums, incluíndo un álbum ao vivo e tres compartidos, que foron editados en diferentes selos discográficos como Atavistic, Red Note, Frenetic ou Public Guilt. Ao vivo a banda tamén conta cunha extensa actividade que inclúe máis de 1000 concertos por todo o mundo incluíndo algúns dos máis prestixiosos festivais de Europa e América.
Estilo Certamente o estilo musical de Zu é difícil de definir. Como se indica máis arriba combina elementos do free jazz e do punk (máis en concreto da estética hardcore punk), mais tamén se podería falar de noise rock ou metal. A pesar da evolución do seu son, no básico poderíamos falar dunha música baseada na improvisación, cunhas bases rítmica afincadas no hardcore e uns solos de saxo de inspiración free jazzística.
Outro elemento característico da interpretación que fai Zu da música é a súa "promiscuidade". As colaboracións da banda con outros músicos e colectivos foi e é unha constante. É habitual que nos álbums de estudio se incorpore algún outro músico á banda (Mats Gustafsson, Eugene Chadbourne ou Takemura Nobukazu) así como nos escenarios (Mike Patton, Joe Lally, The Ex). Tamén é de subliñar a gran cantidade de proxectos paralelos con outros músicos: Ardecore, Dogon, Black Engine etc.
Membros e colaboradores Membros Luca Mai (saxofón barítono) Massimo Pupillo (baixo eléctrico) Jacopo Battaglia (batería)
Principais colaboradores Roy Paci (trompeta en Bromio) Eugene Chadbourne (guitarra en The Zu Side of the Chadbourne e Motorhellington) Fred Lomberg-Holm (violoncello en The Way of the Animal Powers) Jeb Bishop (trombón en Igneo) Ken Vandermark (saxofón en Igneo) Spaceways inc. (en Radiale) Mats Gustafsson (saxofón en How to Raise an Ox) Xabier Iriondo (en Zu/Iceburn) Nobukazu Takemura (en Identification with the Enemy - A Key to the Underworld) Mike Patton (voz nalgunhas actuacións ao vivo).
Discografía Bromio (Wide / Southern Records, 1999) The Zu Side of the Chadbourne (Felmay, 2000) Motorhellington (Felmay / New Tone, 2001) Igneo 2002 (Red Note, Holanda / Amanita, Francia / Wide, Italia / Wallace Records en vinilo de 220 g. 2002; Frenetic Records con bonus tracks en 2005) Live in Hellsinki (Tang Plastik / Goodfellas, ed. 2003) Radiale (Atavistic, 2004) The Way of the Animal Power (Xeng, 2005) How to Raise an Ox (Atavistic / Touch & Go, 2005) Zu v/s Dälek (split 7") - (Wallace / Psychotica, 2005) Rai Sanawachi Koe Wo Hassu (Macaroni Records, 2006) (Edición xaponesa limitada a 500 copias) Zu/Iceburn (split 10") (Wallace Records / Phonometak, 2006) (Edición limitada a 500 copias) Identification with the Enemy - A Key to the Underworld (Atavistic / Headz para Xapón, 2007) Zu / Il teatro degli orrori (La Tempesta Dischi, 2008) (Edición limitada a 666 copias) Zu, Damo Suzuki & Xabier Iriondo (10") (Wallace / Phonometak, 2008)
Citas John Zorn dixo da banda: Creáchedes unha música potente e expresiva que arrasa totalmente o que a maioría das bandas fan hoxe en día!'' ("You have created a powerful and expressive music that totally blows away what most bands do these days!")
Véxase tamén Outros artigos Ardecore Gronge
Ligacións externas Páxina oficial de Zu Myspace
Categoría:Grupos musicais de Italia
nl:Zu