Fórneas é un lugar da parroquia de Martín, no concello lugués de Baleira. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 estaba deshabitado. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2007 cando tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres), e dous habitantes menos que en 2006. Na década de 1950 había censados 11 veciños, cun total duns 70 habitantes.
Patrimonio No lugar están as minas de Casalusío, explotadas na segunda metade do século XIX. Na Serra está o Forno dos Mouros, aparentemente sen restos arqueolóxicos. Nas súas proximidades está o Pozo dos Lobos, unha trampa para cazar lobos. Na Valiña hai augas férreas.
Festas A festa era o primeiro domingo de xuño, á que adoitaba ir a banda de música da Muíña ou a de Bolaño.
Lugares e parroquias Lugares de Martín
Parroquias de Baleira
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Baleira
Categoría:Lugares de Baleira Categoría:Despoboados da provincia de Lugo