200px|miniatura|dereita|Catedral de Santo André, na ribeira do río Ness Inverness ou Inbhir Nis en gaélico escocés é a única cidade da área municipal escocesa das Highlands.
Localización e características A cidade atópase na desembocadura do río Ness no estuario do Moray, e serve de punto de conexión entre diversos medios de transporte. Os primeiros estabelecementos humanos na zona datan do século VI aC, e a primeira carta póboa do século XIII. Preto dela tivo lugar a batalla de Culloden, no século XVIII.
A comezos do século XXI, Inverness ten unha poboación de 55.000 habitantes. Entre os múltiples eventos deportivos e culturais que acolle a cidade, destacan os Highland Games locais, así como os partidos do equipo de fútbol local, o Inverness Caledonian Thistle F.C., que xoga na liga escocesa de fútbol.
Cidades irmandadas 20px Augsburgo, Baviera, Alemaña. 20px La Baule, Francia. 20px St Valery-en-Caux, Francia.
Véxase tamén
Ligazóns externas Web con información da cidade
Categoría:Cidades e vilas de Escocia