Lester Bowles "Mike" Pearson, nado en Newtonbrook (Ontario) o 23 de abril de 1897 e finado en Ottawa o 27 de decembro de 1972, foi o décimo cuarto primeiro ministro do Canadá, tendo gobernado o país entre o 22 de abril de 1963 e o 20 de abril de 1968, ademais ganador do Premio Nobel da Paz en 1957.
Traxectoria Pearson naceu en Newtoonbrook, que actualmente é parte da cidade de Toronto. Estudou na Universidade de Toronto e, posteriormente, na Universidade de Oxford, Inglaterra. Loitou en ambas guerras mundiais. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1957, polos seus esforzos en resolver pacificamente a Crise de Suez, en 1956.
Elixido líder do Partido Liberal do Canadá en 1958 e primeiro ministro do Canadá nas eleccións nacionais de 1963, Pearson introduciu importantes reformas sociais como a saúde pública, o Canada Pension Plan (pensións) e o Canada Student Loans (préstamos a estudantes universitarios). Pearson tamén introduciu a nova bandeira do Canadá, a Maple Leaf Flag.
Retirouse da vida política en 1968, e morreu de cancro o 27 de decembro de 1972, en Ottawa. O aeroporto máis importante do país, o Internacional de Toronto, foi renomeado por Pierre Elliott Trudeau en 1984 como Aeroporto Internacional Lester B. Pearson. En 2004, Lester Bowles Pearson foi elixido como o 6º maior canadense, nunha enquisa popular na escolla do maior canadense existente.
Categoría:Primeiros ministros do Canadá Categoría:Nados en Toronto Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Deputados na Cámara dos Comúns do Canadá Categoría:Premios Nobel do Canadá Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Toronto