Jan Tinbergen, nado na Haia (Países Baixos) en 1903 e finado na mesma cidade en 1994, foi un matemático e físico neerlandés galardoado co Premio Nobel de Economía o ano 1969.
Traxectoria Naceu o 12 de abril de 1903 na cidade da Haia, fillo de Dirk Cornelis Tinbergen e Jeannette van Eek, e irmán do médico Nikolaas Tinbergen, galardoado co Premio Nobel de Medicina o ano 1973 e do botánico Luuk Tinbergen. Estudou matemáticas e física na Universidade de Leiden so a dirección de Paul Ehrenfest, universidade na que tamén se doutorou en 1929. Entre este ano e 1945 foi profesor da Universidade Erasme de Rotterdam, ao tempo que se converteu en consultor da Sociedade de Nacións. En 1967 foi galardoado co Premio Erasmus.
Morreu o 9 de xuño de 1994 na súa cidade natal.
Investigación económica Especialista na investigación dos ciclos económicos, foi un dos pioneiros na aplicación de métodos matemáticos na economía, na que desenvolveu o modelo macroeconómico. Xuntamente con Ragnar Frisch desenvolveu métodos estatísticos para probar hipóteses económicas, creando modelos multiecuacionais de economía e desenvolvendo un modelo de 48 ecuacións co cal explicou os ciclos económicos norteamericanos.
No ano 1969, xunto co seu compañeiro Ragnar Frisch, foi galardoado co Premio Nobel de Economía, precisamente na súa primeira edición, pola análise dos procesos económicos e o desenvolvemento dinámico de modelos de decisión económica.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Economía 1969 Información sobre Jan Tinbergen
Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Nados na Haia Categoría:Economistas matemáticos Categoría:Premio Nobel de Economía Categoría:Alumnos da Universidade de Leiden Categoría:Premio Erasmus