AzurEntrada no Gran Dicionario Xerais da Lingua. Edicións Xerais de Galicia. é a cor azul heráldica. Trátase dun azul intenso. Nalgúns textos heráldicos tamén se refiren a esta cor como zafiro, celeste e turquí. É unha das cores empregadas nos vervos.
Etimoloxía O seu nome vén do francés "azur", referido ao azul do mar. Tamén se sostén que provén dos termos "lāzūr" ou "Lazurt" que en árabe e persa queren dicir "cor azul". Esta última teoría é a máis probable, pois os cruzados, cando volveron aos seus países de orixe, tinguiron toda a súa heráldica con verbas daquelas terras.
Representación Correspóndese un azul intenso. Para a representación en cor non existe definición das súas características nos textos heráldicos. Todos os sistemas de definición numérica das cores son modernos.
Para a representación en branco e negro empréganse liñas horizontais paralelas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O azul heráldico As cores heráldicas Os esmaltes heráldicos
Categoría:Esmaltes heráldicos