Taraf de Haïdouks é unha banda romanesa de música romaní, orixinaria da comuna de Clejani, do distrito Giurgiu. É o grupo máis célebre do xénero na era poscomunista.
Son coñecidos no seu país como Taraful Haiducilor, que vén a significar "banda dos proscritos". "Taraf" é tamén o nome tradicional dos grupos de lăutaris (músicos xitanos da tradición romanesa). "Haiduk" é unha palabra de orixe turca que significa "bandido"; en romanés ten unha connotación arcaica ou rústica. O nome do grupo é coñecido internacionalmente como "Taraf de Haïdouks" (construción xenitiva francesa).
A agrupación formouse en 1990, pouco despois da morte do ditador Nicolae Ceaușescu. Inicialmente eran doce músicos non profesionais, que tocaban por pasalo ben. Son coñecidos na Europa occidental mercede ó etnomusicólogo suízo Laurent Aubert e ós músicos belgas Stéphane Karo e Michel Winter.
Membros Fundadores Nicolae Neacşu ("Culai"): violín e voz. Falecido en setembro de 2002. Dumitru Baicu ("Cacurică"): pequeno címbalo e voz. Falecido en setembro de 2007. Ion Manole ("Şaică" ou "Boşorogu"): violín e voz. Falecido. Ilie Iorga: voz, orixinario de Mârşă. Paul Giuclea ("Pasalan"): violín e voz, orixinario de Mârşă. Constantin Boieru Lautaru ("Costica"): violín e voz, orixinario de Mârşă. Gheorghe Anghel ("Caliu"): violín. Gheorghe Fălcaru ("Fluierici"): frauta, contrabaixo. Gheorghe Robert: viola. Marin Manole ("Marius"): acordeón. Ionitsa Manole: acordeón. Ion Tanase ("Ionică"): pequeno e gran címbalo.
Membros ocasionais Constantin Sandu ("Dinu"): pequeno címbalo e voz. Florea Pârvan: contrabaixo, acordeón e voz. Marin Sandu: ("Ţagoi"): contrabaixo, acordeón e voz.
Discografía Honourable Brigands, Magic Horses and Evil Eye (1994). Gypsy Music from Romania (1994). Dumbala Dumba (1998). Musiques des Tziganes de Roumanie (1998). Band of Gypsies (2001). Maškarada (2007, sobre reinterpretacións da música romanesa de Béla Bartók).
Véxase tamén
Ligazóns externas páxina da compañía discográfica
Categoría:Grupos musicais de Romanía Categoría:Pobo xitano Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira