Antón Zapata García, nado en Laxe o 26 de febreiro de 1886 e finado en Buenos Aires o 20 de xuño de 1953, foi un poeta en lingua galega.
Traxectoria Era fillo de Antonio Zapata García, carabineiro natural de Sarandós, e de María Josefa García Moreira, nada en Camariñas. En Laxe transcorreu a súa infancia até que emigrou a Buenos Aires en 1903 con 17 anos de idade. As posibles causas da súa marcha son as diferenzas coa súa madrasta -coa que seu pai casara após a morte da nai do poeta, cando este era neno- e o desexo de eludir o servizo militar. miniatura|page=9|Debuxo, poema e sinatura de Zapata en Alalá. Na Arxentina traballou como empregado de comercio e participou de forma activa nas actividades da colectividade galega. Colaborou en distintas revistas como El Eco de Teo, Suevia, El Despertar Gallego ou La Voz de Galicia e tivo un papel destacado dentro da Asociación Benéfica y Cultural del Partido de Corcubión, chegando a dirixir a súa publicación, Alborada e na Sociedade Nazonalista Pondal. En maio de 1929 creou con Manuel Oliveira Viqueira e Francisco Regueira a Institución Cultural Gallega, protectora do Seminario de Estudos Galegos.
Obra A roseira da soidade. Poesías galegas, 1954, Roel, A Coruña.Edición facsímile no 2004 en Edicións Xerais de Galicia, a cargo de Miro Villar.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas A poesía galega de Antón Zapata García
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Laxe Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1953