Este artigo trata sobre o Cáucaso en tempos dos gregos, para outros usos da palabra, véxase Iberia (homónimos)

dereita|miniatura|400px|Mapa do Cáucaso Iberia (იბერია) era o nome empregado polos antigos gregos e polos romanos para designar ao antigo reino xeorxiano de Kartli (século IV a. C.–século V) que ocupaba o leste e o sueste do país caucásico.

Emprégase o termo de Iberia caucásica ou Iberia do Leste, para distinguilo da tamén denominada Iberia polos antigos gregos: a Península Ibérica. Algúns eruditos cren que o Cáucaso era o lugar orixinal das tribos que posteriormente migraron á Península Ibérica, dada a coincidencia nos nomes.

Historia Historia antiga A área estaba habitada por varias tribos emparentadas entre si, chamadas xeralmete iberos polos autores antigos. O reino local, Kartli recibe o seu nome dun xefe místico, Kartlos.

Os Moschi mencionados por varios historiadores clásicos e os Sasper, os seus posíbeis descendentes, (nomeados por Herodoto poderían ter un papel relevante na consolidación das tribos da rexión. Probábelmente, a orixe etimolóxica de «Iberia» derivase do seu nome (Sasper >Speri >Hberi >Iberi). Os Moschi teríanse movido cara ao nordeste nunha migración. A principal tribo eran os Mtskheta, que darían nome á capital. O seu primeiro asentamento chamouse polos autores medivais xeorxianos, Arrian-Kartli, baixo o goberno persa da dinastía aqueménida. Tras iso, foron gobernados por un príncipe local coñecido como mamasakhlisi.

A fonte medieval de Moktsevai Kartlisai («Conversión de Kartli») fala ademais de Azo e a súa xemte, que se asentaron na futura capital de Mtskheta. Outras crónicas do país, Kartlis Tskhovreba («Historia de Kartli») din que Azo sería un oficial de Alexandre Magno, que asasinou a unha dinastía local e conquistou o territorio, sendo expulsado por Parnavaz I de Iberia.

Reis de Iberia Samara de Mtskhetha ? -322 Azon 322-302 Parnavaz I 302-237 Saurmag I 237-162 (fill) Mirian I 162-112 (xenro, adoptado coma fillo) Parnadjom 112-93 (fillo) Arshak I 93-81 (cuñado de Parnadjom e xenro de Mirian I) Artag 81-64 (fillo) Parnavaz II 64-33 (fillo) Mirian II 33-23 (fillo de Parnadjom) Arshak II 23-2 (fillo) Adreki 2 aC- cap el 30 dC Mitridates I Pharsman I Bartom 55-72 Qartam 55-72 Kaos 72-87 Armazel 87-? Azork 87-1? Derok ? Mirdat I ?-106 Hamazasp I 106-116 (fillo) Pharsman II Kveni (o Benfeitor) 116-142 (fillo) Radamisto de Iberia 142-145 Pharsman III 145-185 Hamazasp II 185-189 (fillo) Rev I o Xusto, 189-216 (fillo de Volageses II de Armenia) Vache 216-234 (fillo) Bakur I 234-249, (fillo) Mirdat II, 249-265 Hamazasp III 260-265 Asphagur I 265-284 (fillo de Mirdat II) Mirian III 284-361 (fillo do shah de Irán) Rev II 345-361 (fillo) Saurmag II 361-368 Varaz Bakur II (Asphagur III) 368-? (fillo de Mirian III)

Véxase tamén

Outros artigos Cáucaso Ávaro Kabardo

Categoría:Imperio Romano Categoría:Estados desaparecidos de Asia Categoría:Estados desaparecidos de Europa Categoría:Historia de Xeorxia