miniatura|300px|Igrexa de Santiago de Breixa (Silleda) Na teoloxía católica, o purgatorio é o lugar de limpeza e expiación dos pecados onde, despois da morte, as persoas que morreron sen pecado mortal (ofensa directa a Deus), pero que cometeron pecados leves na súa vida, teñen que limpar esas culpas para poder alcanzar o ceo. Debido a que todo aquel que entra no purgatorio terminará chegando ó ceo tarde ou cedo, o purgatorio non é unha forma de inferno. As pregarias polos mortos e as indulxencias poden abreviar a estadía dun ou varios dos seres queridos que estean en dito lugar.

Nos primeiros séculos do Cristianismo non existía a noción do purgatorio, pero adóitase ver no seguinte texto do Antigo Testamento a primeira referencia:

A idea da existencia dun purgatorio xorde no século XII coincidindo coa aparición dunha nova clase social: a clase media urbana, co que se crea un sistema máis complexo de castigo e expiación dos pecados, pero foi obxecto de fortes controversias que se documentan, como mínimo, desde o Concilio de Lión de 1274. Finalmente, foi no Concilio de Trento (1545-1563) cando se alcanzou a súa formulación definitiva como dogma de fe.

A idea do purgatorio en Galicia Na igrexa de San Vicenzo de Cespón (Boiro) pode observarse este relevo coa seguinte inscrición. Nótese como incide en que a única diferenza entre o purgatorio e o inferno é que aquel é temporal e este eterno.

miniatura|centro|222px|Igrexa de Cespón, BoiroEl Purgatorio y el infierno es lo mismo en el que siente sólo se haze diferente en lo tenporal y eterno. Es el infierno un penar y un para sienpre morir que no se puede sufrir y no se puede acabar.Hijo, padre, esposo, amigo hermano a ¿tu? esposa, padres alivia con tus favores ya que fueron mi castigo. Alma que [h]ay infierno no se en esto no hay que dudar y que Dios ha de faltar antes que falte es dre...?

En Galicia, a idea do purgatorio correspóndese coas doutrinas da Igrexa Católica e reflicte ese estado ou lugar onde as almas dos defuntos que morreron en pecado (venial) sofren algún tipo de castigo antes de poder acceder ó ceo. Esta expiación dos pecados pode realizarse nun lugar especial que adoita situarse entre o ceo e o inferno, ou ben neste mundo, purificándose entre os aínda vivos.Esta teoría foi defendida, entre outros, por San Gregorio Magno.. Estes poden aliviar os sufrimentos das ánimas ou abreviar o tempo de penitencia mediante sacrificios, misas, rezos ou esmolas.

miniatura|Peto de ánimas do Toural, en Vilaboa (Pontevedra) Esta dobre situación quedará reflictida nos numerosos petos de ánimas que se poden ver por toda a xeografía galega, así como no norte de Portugal (onde reciben o nome de alminhas), ou en retablos de numerosas igrexas. Neste caso, adoitan representarse as almas dos defuntos entre lapas de lume e, nun rexistro superior, certas imaxes relixiosas que os rescatan do seu castigo para levalas ó ceoExcepcionalmente pode existir un rexistro inferior, que vén representar o inferno.. As almas dos defuntos reflicten as diferentes clases sociais (bispos, cregos, reisClaramente identificables pola tiara, a tonsura ou a coroa.) e ámbolos sexos (tanto homes coma mulleres), para indicar que calquera persoa, noble ou plebea, relixioso ou segrar, pode acabar no purgatorio e cómpre non só non pecar, senón facer sacrificios polos pecados que se teñan cometido. As figuras relixiosas que salvan as almas adoitan ser a Virxe do Carme e San Francisco de Asís; a primeira recolle as almas co seu escapulario e o segundo coa corda que usaba a modo de cinto. Vicente Risco recolle a crenza de que a Virxe baixa tódolos sábados ó purgatorio para sacar almas,"Din que o que morre o sábado, día que lle está consagrado [á Virxe], non se pode condenar. Tódolos sábados baixa a Nai de Deus ó Purgatorio a sacar almas, especialmente as dos que houberan feito en vida o sacrificio de aunar ou non comer carne os miércoles ou os sábados" (RISCO, Vicente: "Etnografía: cultura espiritual", en Historia de Galiza, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires 1962, tomo I, px. 334). e no Dicionario dos seres míticos galegos engádese que tal acción redentora só ten lugar os sábados, e que se dúas persoas que están a falar coinciden en pronunciar unha mesma palabra salvan unha alma do purgatorio, se é sábado; se non é sábado a cousa complícase: han de collerse polo dedo maimiño e dicir "Rosa, violeta e caravel", ó soltarse o dedo deben repetir unha destas tres palabras e se volven coincidir, sacan unha alma do inferno. Px. 207.

A outra interpretación, a da presenza das ánimas neste mundo, entre os vivos, pode estar relacionada coas peregrinacións e a Compaña, formadas por ánimas que deben realizar algunha penitencia. O caso máis paradigmático das ánimas que deben peregrinar a algún santuario esta localizado no camiño a Santo André de Teixido, que realizan en forma de cobras ou sapos. No caso da Compaña, as ánimas dos que morreron en pecado vagan polos camiños da parroquia cun cirio na man e cadeas nos pésEn Xavestre, parroquia de Trazo (A Coruña), chaman á Compaña ferranchada, en alusión ás cadeas de ferro que arrastran. ata atopar quen desfaga o mal que fixeran en vida. Son numerosos os contos e lendas nas que as ánimas piden, dunha forma ou doutra, a familiares ou veciños que restauren no seu sitio o marco que moveran en vida ou que devolvan os cartos que roubaran ou emprestaran con usura.

Tamén se recolleu a celebración de misas de ánimas, que tiñan lugar ás doce da noite na igrexa parroquial, oficiadas por algún párroco que estea penando os seus pecados, e ás que asisten en rigoroso silencio as ánimas dos veciños que estean na mesma situación.

Como xa se dixo, pódese reducir o sufrimento das ánimas do purgatorio mediante rezos ou esmolas. E neste sentido cabe observar unha certa desconfianza sobre o destino desas esmolas. No citado Dicionario dos seres míticos afírmase claramente que "A xente sabe moi ben que o purgatorio non foi creado por Deus senón polos curas".Px. 208.

O poeta Benito Losada recolleu este mesmo escepticismo nun dos seus ContiñosBenito Losada: Contiños. Andrés Martínez, ed., A Coruña 1888, px. 11; no texto: Bérra, dílle, Róque, tén, Jan, Élas, longe, bén (Biblioteca Galiciana). O contiño foi reproducido no suplemento nº 12 da revista Nós, nadal 1929, px. 6.:

A idea do purgatorio segundo a teoloxía protestante O protestantismo rexeita a existencia do purgatorio por non atopar evidencias que o proben na Sagrada Escritura, nin un consenso na patrística, ademais de consideralo contrario a fe cristiá. A argumentación protestante xira arredor da idea de que só existen dúas posibilidades: a condenación e a salvación. Enténdese que a salvación foi lograda pola morte de Xesús na cruz e que é perfecta para quen a recibe pola fe, de modo que tanto a culpa como a pena dos pecados son borrados indeleblemente no fiel pola soa graza de Deus sen ter en conta os méritos, penitencias ou calquera outro esforzo que o crente faga. Esta crenza apóiana principalmente na Biblia:

Posto que o purgatorio non existe no protestantismo tampouco teñen lugar as indulxencias ou as misas de sufraxio polos defuntos. Lutero denunciará estas prácticas católico-romanas como un comercio encuberto onde o que realmente lle importaba a igrexa era a acumulación de grandes fortunas para fins "pouco cristiáns"95 teses de Lutero, ver a tese 66 para esta referencia (en castelán)Castelao, ao falar dos cruceiros e os retábulos das Ánimas, insiste na teoría protestante da inutilidade do purgatorio e cita o senguinte pensamento de Lutero: "O lume da purificación -decía Lutero, coa súa cáustica ironía- sóio sirve para quentar o pote do Papa" (As cruces de pedra na Galiza, px. 135). como a construción da Basílica de San Pedro. Coa condena da venda de indulxencias tamén se condenaba a idea do purgatorio no luteranismo temperán. No seguinte desenvolvemento da teoloxía protestante ata a actualidade, a venda de indulxencias quedou nun segundo plano e o rexeitamento fundouse directamente nos problemas teolóxicos que presenta a crenza nun estado intermedio de purificación entre o ceo e o inferno. Ademais de ser contraria á soteroloxíaDoutrina que se ocupa da salvación do ser humano. protestante choca directamente con outras crenzas como a imposibilidade de obter o favor dos santos na intercesión que está limitada tan só a Xesucristo como único mediador e a idea de pecado que rexeita a existencia de pecados veniais considerando todo pecado como mortal. As confesións históricas Confesión Helvética (en castelán)Confesión de Westminster (en castelán)39 Artigos de Relixión da Igrexa Anglicana (en castelán) coinciden case todas polo tanto na condena á crenza do purgatorio.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Peto de ánimas

Bibliografía Castelao: As cruces de pedra na Galiza, Akal 1990. Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda: Dicionario dos seres míticos galegos, Xerais 2004 (4ª ed). Xosé Ramón Mariño Ferro e Xosé Manuel González Reboredo: Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza, Nigratrea 2010.

Categoría:Cristianismo