Lacerta ou Lagarto, é unha das 88 constelacións recoñecidas pola Unión Astronómica Internacional. Está situada a uns 20 graos ó leste de Deneb (α Cygni). O corpo do lagarto vai en dirección norte-sur. Foi recollida no atlas de Johannes Hevelius no 1690.
Estrelas principais α Lacertae, a estrela máis brillante de magnitude +3,8 e cor branca, a 102 anos luz de distancia. β Lacertae, na punta de arriba do lagarto, só a cuarta estrela máis brillante, de magnitude 4,4 e cor amarela-laranxa. 1 Lacertae, no extremo inferior da figura, a segunda estrela máis brillante con magnitude 4,1. 10 Lacertae, de magnitude 4,88, estrela azul 26.800 veces máis luminosa co Sol que se atopa a uns 1000 anos luz. AR Lacertae, é cunha magnitude 6.09, unha das variables RS Canum Venaticorum máis brillantes. DD Lacertae (12 Lacertae), estrela variable Beta Cephei de magnitude 5,25. EV Lacertae, anana vermella estrela fulgurante a 16,5 anos luz do sistema solar. ADS 16402, estrela binaria, cunha compoñente secundaria que ten un planeta extrasolar (HAT-P-1b). Roe 47, unha estrela múltiple que consiste en cinco compoñentes (magnitudes 5.8, 9.8, 10.1, 9.4, 9.8).
Obxectos Notables do espazo profundo Galaxia BL Lacertae, de magnitude 13, prototipo do tipo de galaxias (obxectos BL Lac) que emiten gran cantidade de enerxía. Cúmulo aberto NGC 7209, de magnitude 6,7 a 2900 anos luz de nós, ten uns 300 millóns de anos de idade. Cúmulo aberto NGC 7243, cunha extensión de 20 arcmin e magnitude 6,4 que se atopa a 2900 anos luz. NGC 7265, galaxia elíptica de magnitude 12,2 situada 2º ó sueste de 1 Lacertae; é a máis brillante dun triplete de galaxias. esquerda|miniatura|Johannes Hevelius 1611-1687
Historia Antes de que Johannes Hevelius adoptara o nome de Lacerta, outros nomes foron propostos para nomear a esta parte do firmamento. Entre eles Sceptrum et Manus Iustitiae (O Cetro e a man da Xustiza) e Frederici Honores, en alusión a Frederico o Grande de Prusia. Sendo coma é unha constelación moderna, non ten mitoloxía asociada.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Frederici Honores Sceptrum et Manus Iustitiae Johannes Hevelius
Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Lacerta Star Tales – Lacerta Weasner's Mighty ETX Site, GO TO LACERTA (guía das constelacións para astrónomos afeccionados)
Categoría:Constelacións