Bosnia e Hercegovina (en bosníaco, croata e serbio latino: Bosna i Hercegovina, en cirílico: Босна и Херцеговина) é unha república federal dos Balcáns, que limita ao norte, oeste e sur con Croacia, ao leste con Serbia, e ao sueste con Montenegro, dispoñendo aínda dunha minúscula extensión de litoral, no mar Adriático.
A poboación do país está composta por tres "pobos constituíntes" diferenciados, os bosníacos, o maior dos tres, en segundo lugar os serbios e finalmente os croatas. A distinción entre bosníaco e hercegovino é considerada simplemente rexional e, en ningún momento, unha distinción étnica. O país está politicamente descentralizado e consta de dúas entidades de goberno principais, a Federación de Bosnia e Hercegovina e a República Serbia, sendo o pequeno Distrito de Brčko unha terceira entidade de facto.
Antigamente foi unha das seis unidades federais que constituían a República Federal Socialista de Iugoslavia, obtendo a súa independencia durante as guerras iugoslavas da década de 1990. O estado pode ser descrito como unha república democrática federal, sendo un dos candidatos potenciais para ser membro nun futuro da Unión Europea e da OTAN.
Historia
miniatura|esquerda|200px|Ponte de Mostar
Densamente poboada durante o neolítico, a rexión da Bosnia e Hercegovina estivo habitada dende o século IV a.C. polos ilirios. No século III a.C., o Imperio Romano incluíu este territorio como parte da provincia da Iliria. Eslavizada dende o século VII, formou parte do Imperio Bizantino. A primeira vez que se empregou o nome Bosníaca foi en 950, nun libro chamado De administrando imperio do emperador bizantino Constantino VII no que se consigna a Bosnia como parte do territorio dunha incipiente Croacia (o actual territorio de Bosnia era coñecido como a Croacia Vermella). No século XII fórmase un reino de Bosnia, que permanece independente ata 1463, cando é anexionada ao Imperio Otomán por Mehmet II.
Coa chegada dos otománs, remata a idade media en Bosnia. A maioría dos habitantes aceptan o islam como nova relixión, que ata hoxe segue sendo un factor social moi importante na Bosnia-Hercegovina. A maior parte do patrimonio cultural da Bosnia, como a ponte de Mostar, proveñen dese período. Ata 1878 o país permaneceu baixo dominio turco, coa excepción do período comprendido entre 1718 e 1739, en que estivo baixo control austríaco. No século XIX creceu a inimizade entre o sultán e o pobo, alentada polo triunfo nacionalista na veciña Serbia. A represión de Abdulhamit II das revoltas de 1875 provocarían a intervención rusa, que declarou a guerra ao Imperio Otomán en 1877. Rematado o conflito, o Congreso de Berlín outorga en 1878 a administración do país ao Imperio Austrohúngaro, que en 1908 a anexionaría, formando parte deste ata a súa disolución en 1918, tralo final da primeira guerra mundial, que se iniciou co asasinato do arquiduque Francisco Fernando e a súa dona en Saraxevo (véxase Atentado de Saraxevo).
Trala finalización da contenda integraríase no reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, que en 1929 adoptou o nome de Iugoslavia. Durante a segunda guerra mundial, entre 1941 e 1944, o territorio foi anexionado polo estado fascista croata. Con todo, derrotado o Eixo, volveu formar parte da Iugoslavia como unha das seis repúblicas constituíntes da República Federal Socialista de Iugoslavia. En 1992 proclamou a súa independencia tralo referendo do 1 de marzo de 1992.
Os bosníacos (maioritariamente musulmáns) e os bosníaco-croatas (a maioría católicos) de Bosnia e Hercegovina apoiaron a independencia, máis a maioría dos serbo-bosníacos (principalmente ortodoxos), o que supoñía un 30% da poboación e apoiados polo resto dos serbios da ex-Iugoslavia, opuxéronse e comezaron a que se coñeceu como a guerra de Bosnia nun intento de creación dunha Gran Serbia. Nos primeiros anos desa guerra os serbios ocuparon un 70% do territorio bosníaco de xeito violento, realizando unha limpeza étnica. A guerra rematou coa Batalla de Bosnia Occidental e a derrota do exército serbo-bosníaco, que inmediatamente despois accedeu a que Slobodan Milošević asinase no seu nome os acordos de Dayton o 21 de novembro do 1995. O prezo da guerra foi enorme: 250.000 mortos e máis de 2,5 millóns de refuxiados.
Actualmente Bosnia e Hercegovina é un país encamiñado cara a súa unificación administrativa aínda que con grandes inestabilidades provocadas polos ultra-nacionalistas serbo-bosníacos. De momento segue sendo un crebacabezas territorial con diversos corpos de policía, poderes xudiciais separados, e asembleas distintas onde os partidos nacionalistas de cada unha das comunidades étnicas seguen conservando o poder, obstaculizando o seu acceso á Unión Europea.
Xeografía
miniatura|esquerda|200px|Monte Cincar Bosnia atópase ao oeste dos Balcáns, facendo fronteira con Croacia (932 km) ao norte e ao suroeste, Serbia (302 km) ao leste, e Montenegro (225 km) ao sueste. O país é principalmente montañoso, abarcando o centro dos Alpes Dináricos e tan só ten vinte e dous quilómetros de costa ao redor da cidade de Neum, ao sur do Estado. Aínda que a cidade está rodeada por penínsulas croatas, mais pola lei das Nacións Unidas Bosnia ten un dereito a un paso até o mar exterior, ademais Neum ten moitos hoteis e é un importante destino turístico.
O nome do país provén de dúas rexións Bosnia e Hercegovina, que teñen unha fronteira moi pouco definida entre elas. Bosnia ocupa as zonas do norte, que son aproximadamente catro quintas partes de todo o país, mentres que Hercegovina ocupa o resto na parte sur do país. As cidades principais son a capital Saraxevo, Banja Luka, Bijeljina e Tuzla ao nordés, Zenica e Doboj na parte central de Bosnia e Mostar, a capital da Hercegovina. miniatura|200px|Río Bosna, coa "pirámide" en Visoko. A parte sur de Bosnia ten clima mediterráneo e unha gran cantidade de terreo agrario. A parte central é a parte máis montañosa, ao igual que e a oriental, onde se levaron a cabo os Xogos Olímpicos de Inverno de 1984. Bosnia oriental é moi boscosa ao longo do río Drina, e en xeral preto do 50% do país está cuberto de bosques.
Hai sete grandes ríos en Bosnia e Herzegovina: O Sava, o río máis grande do país, que constitúe parte da fronteira natural con Croacia. O Una, Sana e Vrbas, afluentes á marxe dereita do río Sava. Están situados na rexión de Bosanska Krajina. O Bosna, río que deu o seu nome ao país, sendo ademais o máis longo contido dentro do territorio. Esténdese a través de Bosnia central, desde a súa orixe preto de Saraxevo até Sava ao norte. O Drina, que flúe a través da parte oriental de Bosnia, formando na súa meirande parte unha fronteira natural con Serbia. O Neretva, é o río principal de Hercegovina e o único gran río que flúe cara ao sur, ao Mar Adriático.
Política e goberno miniatura|200px|Mapa coas entidades e os municipios.
Bosnia e Hercegovina ten varios niveis de estruturación política baixo o nivel de goberno federal. A división de máis importancia é a división entre a República Serbia e a Federación de Bosnia e Hercegovina. A Federación de Bosnia e Hercegovina abarca o 51% da superficie total, mentres que a República Serbia cobre ao redor do 49%. As entidades, baseadas principalmente nos territorios ocupados polas dúas partes belixerantes no momento, estabelecéronse formalmente a partir do acordo de paz de Dayton en 1995 debido aos tremendos cambios na estrutura étnica de Bosnia e Hercegovina, con todo, dende 1996 o poder das entidades en relación ao goberno federal diminuíu considerablemente, aínda que seguen mantendo numerosas competencias. O distrito de Brčko ao norte do país foi creado no ano 2000, nun territorio pertencente ás dúas entidades. Oficialmente, pertence a ambas, mais non se rexe por ningunha delas, funcionando baixo un sistema descentralizado de goberno local. O distrito de Brčko foi eloxiado polo mantemento dunha poboación multiétnica e un nivel de prosperidade moi por encima da media nacional.OHR Bulletin 66 (3 de febreiro de 1998). - Final hearing of the Arbitration Tribunal in Vienna . OHR.
O seguinte nivel de subdivisión política de Bosnia e Hercegovina son os cantóns, aínda que só se atopan na Federación de Bosnia e Hercegovina, sendo en total dez deles. Tódolos teñen o seu propio goberno cantonal, que está baixo a lei da Federación no seu conxunto. Algúns cantóns son etnicamente mixtos e teñen leis especiais aplicadas para garantir a igualdade de tódolos pobos que a compoñen.
Despois do nivel dos cantóns están os concellos. A Federación de Bosnia e Hercegovina está dividida en setenta e catro municipios, e a República Serbia en sesenta e tres. Os municipios tamén teñen o seu propio goberno local, normalmente con sede na cidade máis importante do seu territorio. Como tal, moitos municipios teñen unha longa tradición e historia coas súas fronteiras actuais. Algúns outros, con todo, só foron creados como consecuencia da recente guerra despois de que algúns dos municipios tradicionais foran divididos durante as guerras iugoslavas. Ademais das entidades, os cantóns e as municipalidades, Bosnia e Hercegovina tamén ten catro cidades oficiais, Banja Luka, Mostar, Saraxevo, e Saraxevo Oriental. O territorio e o goberno das cidades de Banja Luka e Mostar corresponde aos municipios do mesmo nome, mentres que as cidades de Saraxevo e Saraxevo Oriental oficialmente constan de varios municipios.
Como resultado dos Acordos de Dayton, a aplicación da paz civil é supervisada polo Alto Representante para Bosnia e Hercegovina, seleccionado polo Consello de Aplicación da Paz. O Alto Representante ten moitos poderes executivos e lexislativos, incluíndo o despedimento de funcionarios electos e non electos. Máis recentemente foron estabelecidas varias institucións centrais (como o Ministerio de Defensa, o Ministerio de Seguridade, o Tribunal do Estado etc) no proceso de transferencia de parte da xurisdición das entidades do estado.
A Presidencia de Bosnia e Hercegovina rota entre tres membros (un bosníaco, un serbio e un croata), cada un exerce como Presidente durante un prazo de oito meses dentro do seu mandato de catro anos como membro. O tres membros da presidencia son elixidos directamente polo pobo (o croata e o bosníaco pola Federación e o serbio pola República Serbia). A Asemblea Parlamentaria representa ó poder lexislativo de Bosnia e Hercegovina. Consta de dúas cámaras: a Casa dos Pobos e a Casa de Representantes. A Casa dos Pobos ten quince delegados, cinco da República Serbia e dez da Federación de Bosnia e Hercegovina, dos cales cinco son bosníacos e cinco croatas. A Casa de Representantes conta á súa vez con catorce membros da República Serbia e vinte e oito membros da Federación (catorce bosníacos e catorce croatas). O xefe de goberno é o Presidente do Consello de Ministros. É proposto pola presidencia e votado pola Casa de Representantes.
Divisións administrativas Bandeira Escudo Nome Capital Poboación Áreakm² DensidadeHabitantes por km², en base á poboación estimada en 2.008/2.009 № munic. Linguas oficiais Etnias 40px|border|centro|Bandeira da Federación de Bosnia e Hercegovina 20px|centro|Escudo da Federación de Bosnia e Hercegovina Federación de Bosnia e Hercegovina Saraxevo 2 852 732 26.110 117 74 Bosníaco, croata, serbio Bosníacos e croatas 40px|border|centro|Bandeira da República Serbia 25px|centro|Escudo da República Serbia República Serbia Banja LukaOficialmente Saraxevo 1 439 673 24.857 58 63 Serbio, bosníaco, croata Serbios 40px|border|centro|Bandeira 23px|centro|Escudo Distrito de BrčkoÉ unha entidade de facto, oficialmente pertence á Federación de Bosnia e Hercegovina e á República Serbia Brčko 78.863 493 160 1 Bosníaco, croata, serbio -
Relacións internacionais