miniatura|Pelotas de baloncesto. O baloncesto (basketball en inglés) é un deporte colectivo inventado en 1891 polo profesor de educación física James Naismith, na Asociación Cristiá de Mozos de Springfield, EUA. Cada un dos dous equipos está formado por cinco xogadores. Ten como obxectivo pasar a pelota por dentro dunha cesta colocada nas extremidades da pista. Actualmente pode xogarse tamén en pistas ao aire libre. Neste deporte pódense facer os cambios de xogadores que o adestrador estime necesarios. As posicións máis comúns dos xogadores son: base, escolta, aleiro, ala-pivote e pivote. O base ten a función de dirixir o xogo.
Os xogadores poden camiñar na pista sempre que boten contra o chan a pelota a cada paso dado. Tamén é posíbel dar un pase, ou sexa, lanzar a pelota en dirección a un compañeiro de equipo.
Cesta ou canastra é o nome dado comunmente ao tiro de facer a pelota pasar por ese aro; entón márcanse puntos: Dous puntos no caso do lanzamento entre a liña de fondo e a chamada liña dos 3 puntos Tres puntos se o lanzamento viñer de fóra desa área E un punto cando o lanzamento viñer dun tiro libre. Unha grande habilidade no baloncesto é a puntería certeira. Polo tanto, os equipos deben facer puntos sempre do mesmo lado - é a media pista de ataque - e defender a cesta oposta - na media pista de defensa. Obviamente o equipo que defende tenta impedir que o equipo que ataca faga canastra, a través da marcación, da interceptación de pases ou ata mesmo do bloqueo ao lanzamento. No entanto, os contactos máis fortes púnense como falta. Se o xogador fixer cinco faltas, debe ser substituído e non pode volver á pista. A partir da cuarta falta colectiva dun equipo, o equipo adversario ten dereito a tiros libres toda vez que sufra unha falta. En caso de que estea no acto do lanzamento e a pelota entre na cesta, terá dereito a un tiro libre. No caso da pelota non entrar na cesta, terá tantos tiros libres como o valor do lanzamento tentado ao sufrir a falta. miniatura|esquerda|Xogador coa posesión da pelota
Actualmente o baloncesto internacional atópase organizado pola FIBA (Federación Internacional de Baloncesto). A súas determinacións valen para todos os países onde se xoga o baloncesto, excepto para a liga profesional dos EUA, a NBA, que mantén regras propias un pouco diferentes das internacionais. A expectativa é que as dúas entidades aproximen cada vez máis os seus regulamentos.
Para xogos regulamentados pola FIBA, o tempo de xogo oficial é de 40 minutos, divididos en catro períodos iguais de 10 minutos cada un. Entre o 2º e 3º períodos, hai intervalo de 15 minutos, e invértense as pistas de ataque e defensa dos equipos; logo, cada equipo defende en dous períodos cada cesta. Ao contrario doutros deportes colectivos, non hai sorteo para definir quen ten a posesión de pelota no comezo do xogo: a pelota lanzase para cima por un árbitro, e un xogador de cada equipo (naturalmente o máis alto) colócase para saltar e tentar obter a posesión.
Non se permite saír dos límites da pista, e nos xogos oficiais tampouco se permite que o xogador leve a pelota para a pista de ataque e retorne para a pista de defensa. Alén diso, hai tamén unha limitación de tempo (24 segundos) para facer a cesta, e a prohibición de que o atleta salte e retorne ao chan coa posesión de pelota, sen executar lanzamento ou pase. As faltas cóbranse da lateral de pista, así como as demais violacións; no entanto, en caso de que un equipo cometa máis de 4 faltas nun período, as faltas do adversario pasan a cobrarse na forma de tiro libre: o xogador colócase nunha liña a 4,60 metros da cesta e lanza sen a marcación dos rivais. O tiro libre tamén se cobra cando un xogador sofre falta no momento en que está tentando un lanzamento - independentemente do número total de faltas do equipo adversario.
Alén da NBA, que se considera unha liga moi emocionante e espectacular, o principal torneo de clubs de baloncesto é a Euroliga. Se dun lado a NBA conta cos xogadores de maior poder defensivo e de forza, a Euroliga conta con xogadores máis cerebrais e técnicos. Xa entre as seleccións, o torneo máis importante aínda é o Olímpico.
O baloncesto en cadeira de rodas é unha modalidade bastante coñecida entre os deportes para persoas discapacitadas.
O Mini Baloncesto é a forma de disputa do deporte para nenos con menos de 12 anos. Foi desenvolvido como unha forma divertida de descubrir o baloncesto. Algunhas regras son diferentes do baloncesto tradicional. A altura da cesta (do aro ata o solo) é de 2,60 m. O tempo de xogo recomendado pola FIBA é de dous períodos de 20 minutos; no entanto, algúns estados introduciron adaptacións a esta regra buscando un maior desenvolvemento do xogo.
miniatura|Seareiros que forman parte da "Demencia" do Estudiantes Historia miniatura|upright|Pictograma olímpico para baloncesto Creación thumb|upright|Dr. James Naismith En decembro de 1891, James Naismith, profesor canadense de educación física e instrutor na Escola de Formación da Asociación de Xoves Cristiáns (en inglés YMCA) (agora Springfield College) en Springfield, Massachusetts, estaba tentando manter a súa clase de ximnasia activa nun día de choiva. Buscaba un xogo de interior que mantivese aos seus alumnos ocupados e en boa forma física durante os longos invernos de Nova Inglaterra. Tras rexeitar outras ideas por consideralas demasiado rudas ou pouco adecuadas para ximnasios amurallados, inventou un novo xogo no que os xogadores pasaban un balón aos seus compañeiros de equipo e tentaban anotar puntos lanzando o balón a un cesto (canastro) montado nunha parede. Naismith escribiu as regras básicas e cravou unha cesta de pexegos nunha pista elevada. Ao principio, Naismith colocou a cesta de pexegos co fondo intacto, o que significaba que había que recuperar o balón manualmente despois de cada "canastra" ou punto anotado. Isto non tardou en resultar tedioso, polo que Naismith retiroulle parte do fondo o cesto para poder sacar os balóns cunha vara longa despois de cada canastra anotada. miniatura|upright|esquerda|A primeira cancha de baloncesto: Springfield College miniatura|upright|esquerda|Balón de baloncesto de estilo antigo con cordóns
Orixinalmente, o baloncesto xogábase cun balón de fútbol. Estes balóns redondos fabricábanse, naquela época, cun xogo de cordóns para pechar o orificio necesario para inserir unha vexiga inflable despois de que os outros segmentos cosidos da cuberta de coiro do balón se voltearan cara a fóra. Leather Head Naismith Style Lace Up Basketball (The New York Times. Recuperado o 28 de agosto de 2016) Estes cordóns podian facer que os pases de rebote e os caneos foran imprevisibles.Inflatable ball, Inventor: Frank Dieterle, Patent: US 1660378 A (1928) The description in this patent explains problems caused by lacing on the cover of basketballs. Finalmente inventouse un método de construción de balóns sen cordóns, e este cambio no xogo foi avalado por Naismith. (Mentres que no fútbol americano, a construción de encaixe resultou vantaxosa para o agarre e permanece ata hoxe.) As primeiras pelotas feitas especificamente para o baloncesto eran marróns, e só a finais dos anos 50 Tony Hinkle, buscando un balón que fose máis visible para xogadores e espectadores, presentou o balón laranxa que agora é de uso común. O caneo non formaba parte do xogo orixinal, excepto o "pase de rebote" aos compañeiros. Pasar o balón era o principal medio de movemento do balón. O caneo foi finalmente introducido pero limitado pola forma asimétrica dos primeiros balóns. O caneo era habitual en 1896, e en 1898 xa existía unha norma contra o dobre caneo.
As cestas de pexego utilizáronse ata 1906, cando se substituíron por aros metálicos con taboleiro. Pronto se introduciu outro cambio, de modo que o balón simplemente pasaba a través deles. Cada vez que unha persoa metía o balón no cesto, o seu equipo gañaba un punto. O equipo que conseguía máis puntos gañaba o partido. Os cestos estaban orixinalmente cravados no balcón da entreplanta da pista de xogo, pero isto resultou pouco práctico cando os espectadores do balcón comezaron a interferir nos tiros. O taboleiro foi introducido para evitar esta interferencia; tivo o efecto adicional de permitir tiros de rebote.Thinkquest, Basketball. Recuperado 20 de xaneiro de 2009. Os diarios manuscritos de Naismith, descubertos pola súa neta a principios de 2006, indican que estaba nervioso polo novo xogo que inventara, xa que moitos fracasaran antes, que incorporaba regras dun xogo infantil chamado Duck on a rock (pato sobre unha rocha).
Frank Mahan, un dos xogadores do primeiro xogo orixinal, achegouse a Naismith despois das vacacións de Nadal, a principios de 1892, preguntándolle como quería chamar o seu novo xogo. Naismith respondeu que non pensara niso porque estaba concentrado só en comezar o xogo. Mahan suxeriu que se chamase "bola de Naismith", ao que riu, dicindo que un nome así mataría calquera xogo. Mahan dixo entón: "Por que non lle chaman baloncesto?" Naismith respondeu: "Temos un cesto e unha pelota, e paréceme que sería un bo nome para iso." O primeiro xogo oficial xogouse no ximnasio da YMCA en Albany, Nova York, o 20 de xaneiro de 1892, con nove xogadores. O partido rematou 1-0; o tiro fíxose desde 7,6 m, nunha pista do tamaño apenas a metade dunha cancha actual da streetball ou da National Basketball Association (NBA).
Naquela época, xogábase ao fútbol con 10 xogadores por equipo (máis tarde aumentou a 11). Cando no inverno facía demasiado frío para xogar ao fútbol, levaban os equipos ao interior, e resultaba conveniente dividilos pola metade e xogar ao baloncesto con cinco en cada lado. Cara a 1897-1898 os equipos de cinco convertéronse en norma.
A primeira pelota de baloncesto En 1894, a empresa Chicope Falls, de Springfield, Massachusetts, fabricou a primeira pelota específica de basket. Antes, usábase unha de fútbol. Baloncesto universitario miniatura|upright|O equipo de baloncesto da Universidade de Kansas de 1899, con James Naismith na parte traseira, á dereita. Os primeiros seguidores do baloncesto da YMCA foron enviados por todos os Estados Unidos, e estendeuse rapidamente polos Estados Unidos e Canadá. En 1895, xa estaba ben implantado en varios institutos femininos. Aínda que nun principio a YMCA foi a responsable do desenvolvemento e a difusión do xogo, ao cabo dunha década o novo deporte desalentou a moita xente, xa que o xogo brusco e as multitudes alborotadas empezaron a desviar a atención da misión principal da YMCA. Con todo, outros clubs deportivos de afeccionados, universidades e clubs profesionais encheron rapidamente o baleiro. Nos anos anteriores á primeira guerra mundial, a Amateur Athletic Union (AAU) (Unión Atlética Amateur) e a Intercollegiate Athletic Association of the United States (IAAUS) (Asociación Nacional de Atletismo Universitario dos Estados Unidos) (precursora da NCAA) disputáronse o control das regras do xogo. A primeira liga profesional, a National Basketball League, creouse en 1898 para protexer aos xogadores da explotación e promover un xogo menos duro. Esta liga tan só durou cinco anos.