300px|miniatura|dereita|Zume de laranxa, ingrediente da Auga de Valencia

A Auga de Valencia é un combinado a base de cava ou champaña, zume de laranxa, vodka e xenebra. Polo xeral sérvese en xerras de varias racións e bébese en copas anchas de cóctel. Foi elaborado, por primeira vez, no ano 1959 por Constante Gil no Café Madrid de Valencia.

Segundo conta a escritora María Ángeles Arazo no seu libro "Valencia Noite" naquela época frecuentaban a cervexería un grupo de viaxantes vascos que adoitaban pedir "Auga de Bilbao", referíndose ao mellor espumoso da casa. Cansos de pedir sempre o mesmo retaron ao propietario a ofrecerlles algo novo e este propúxolles beber a "Auga de Valencia". Eles accederon a probar o cóctel que Gil preparou naquel momento e xa non deixaron de tomalo nas súas posteriores visitas.

Durante unha década a bebida foi coñecida só por un pequeno grupo de clientes e non foi até os anos 1970s cando comezou a coñecerse na noite valenciana. Desde entón, converteuse nunha bebida bastante popular.

Constante Gil deixou a cervexería no ano 2000 para se dedicar exclusivamente a pintar os seus "Faladoiros de Café" homenaxe ás súas vivencias entre Auga de Valencia e Rocafulls.

Ingredientes Zume de laranxa Vodka Xenebra Cava Azucre

Modo de preparar unha xerra dun litro Facer un vaso de zume de laranxa (18 cl) Engadirlle unha botella de espumoso semi-seco (70 cl) Engadir unha copa de vodka e xenebra (10 cl) Azucre ao gusto Arrefriar en frigorífico (se non é posible, engadir xeo)

Recomendacións Utilice laranxas de tempada da horta valenciana. Non utilizar licor de laranxa (Cointreau ou Curação) pois a laranxa natural perdería as súas calidades aromáticas. A boa calidade dos alcois brancos mellora a calidade do cóctel. Se prefire a bebida seca non engada azucre e utilice cava seco ou brut. É preferible preparar a auga de Valencia con antelación para arrefriar en neveira case até o seu conxelamento, así conseguimos que a mestura dos seus aromas sexa perfecta, antes de servir removeremos cunha culler sen axitar.

Categoría:Bebidas valencianas Categoría:Gastronomía de Valencia