A Psophia crepitans é unha ave da orde das gruiformes (Gruiformes) e familia dos psofíidos (Psophiidae) que habita no norte da conca do Amazonas, en Colombia, Venezuela, o Brasil, as Güianas e o nordeste do Perú.
De entre 48 a 56 cm de lonxitude e peso medio de 1,3 kg, o seu pescozo é longo, así como as súas patas, e a plumaxe é negra con reflexos azuis.
É unha ave gregaria, que fai o seu niño nos ocos das árbores, poñendo as femias 3 ou 4 ovos brancos, que chocan todos os membros dun grupo de cinco ou máis paxaros.
Aliméntanse de insectos e froitas.
Os amerindios utilízano para cazar serpes e como sentinela, especialmente dos patos, xa que é doado de domesticar.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Vídeos en Internet Bird Collection Gray-Winged Trumpeter en National Aviary.
Categoría:Gruiformes Categoría:Animais descritos en 1758