Horologium ou Reloxo é unha das constelacións menores do sur, cunha declinación preto dos -60 graos.
Orixinalmente chamado Horologium Oscillitorium por Nicolas Louis de Lacaille, o nome da constelación foi acurtado para que sexa menos pesado. Horologium Oscillitorium foi posto na honra ó inventor do reloxo de péndulo, Christiaan Huygens.
Mitoloxía Dado que foi creada no século XVII, e non foi visible para os pobos do Mediterráneo, non hai mitoloxía anterior asociada a esta constelación.
Estrelas principais
DB Nome da estrela Mag. Distancia (al) ComentariosαAlfa Horologii3,85117 Xigante laranxa do tipo K1 III R Horologii4,001004 Variable Mira cun período de 13 meses e medioδDelta Horologii4,93175 Estrela branca da secuencia principalβBeta Horologii4,98313 Xigante branca e estrela con liñas metálicasμMu Horologii5,11138ζZeta Horologii5,21159νNi Horologii5,26165ηEta Horologii5,31145λLambda Horologii5,35160ιIota Horologii5,4156 Estrela semellante ó Sol cun planeta extrasolarγGamma Horologii5,74179 TW Horologii5,741331 Estrela de carbono e variable semirregular TZ Horologii6,41932 Variable irregular GJ 106113,0312,0 Anana vermella nas proximidades do sistema solar
Obxectos Notables do espazo profundo Galaxia espiral barrada NGC 1512. NGC 1261, un cúmulo globular de magnitude 8 que pode verse ben cun telescopio grande.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Supercúmulo de Horologium
Ligazóns externas Observación de Horologium The Deep Photographic Guide to the Constellations: Horologium Starry Night Photography - Horologium Constellation Star Tales – Horologium
Categoría:Constelacións