Manuel Vázquez Montalbán, nado en Barcelona o 27 de xullo de 1939 e finado en Bangkok (Tailandia) o 18 de outubro de 2003, foi un xornalista, novelista, poeta, ensaísta, crítico e gastrónomo catalán. Escribiu tanto en lingua catalá como castelá.
Traxectoria Fillo ilexítimo do exilado Evaristo Vázquez Tourón, natural de Souto (Muro, Láncara) e mais de Rosa Montalbán Pérez, nada en Barcelona. Seu pai fora militante do PSOE inicialmente, e logo do PSUC. Detido trala guerra, foi xulgado no verán de 1939 e condenado a prisión pola súa participación política. Pai e fillo non se coñeceron ata o ano 1944.
Vázquez Montalbán estudou Filosofía e Letras e Xornalismo na Universidade Autónoma de Barcelona, onde tamén foi profesor. Era un catalán convencido e especialmente coñecido polas súas conviccións políticas; foi membro do Partido Socialista Unificado de Cataluña e de Iniciativa per Catalunya. Antes foi membro do Frente de Liberación Nacional, foi condenado a tres anos de cadea, cumprindo un e medio, polas súas actividades antifranquistas. Escribiu o primeiro ensaio cando estaba na cadea.
Ao saír do cárcere Montalbán inició a súa carreira xornalística na revista Triunfo e, co tempo, compaxinouna coa súa carreira literaria. Colaborou con Siglo XX, Tele/Xprés e Por favor, para máis tarde traballar en El País, Avui e Interviú.
Quizais a súa obra máis coñecida sexa a serie Carvalho, protagonizada polo detective galego Pepe Carvalho, que se converteu nun dos heroes máis importantes do xénero da novela policial. As novelas protagonizadas por este detective converteron a Manuel Vázquez Montalbán nun dos autores máis lidos en España e con maior difusión internacional.
A súa morte Na viaxe de regreso de Sydney a Barcelona, despois de dar varias conferencias en Australia, detívose no aeroporto de Bangkok onde comezou a sentirse mal e foi tratado na clínica de saúde do mesmo aeroporto. Non obstante, morreu aos poucos minutos dunha parada cardíaca. A Vázquez Montalbán operárano do corazón nove anos antes en Barcelona, onde o someteran a catro bypass. Segundo fontes diplomáticas, a morte produciuse pouco despois da media noite do día 18, hora local (ás seis da tarde do día 17 en Barcelona).
Obra Poesía Iniciouse como poeta en 1967. Foi un dos nove novísimos da antoloxía de Castellet. A súa produción caracterízase polo ludismo, a ironía e unha importante carga testemuñal e crítica. A súa obra poética ata 1986 está recollida en "Memoria y deseo". miniatura Formou parte do consello editorial da colección de poesía Leliadoura, de Sotelo Blanco Edicións.
Una educación sentimental (1967). El Bardo. Movimientos sin éxito (1969). El Bardo. Coplas a la muerte de mi tía Daniela (1973). El Bardo. A la sombra de las muchachas sin flor (1973). El Bardo. Praga (1982). Lumen. Memoria y deseo. Poesía 1967-1983 (1983). Seix Barral. Pero el viajero que huye (1967). Visor. Memoria y deseo. Obra poética 1967-1990 (1990). Grijalbo. Ciudad (1997). Visor. Ars amandi (2001). Bartleby Editores, antoloxía Rosebud, inédito incluído en Memoria y deseo (2008). Construcción y deconstrucción de una teoría de la almendra de Proust complementaria de la construcción y deconstrucción de una teoría de la magdalena de Benet Rossell (2008). Case inédito incluído en Memoria y deseo. Memoria y deseo. Poesía completa 1967-2003 (2008). Península.
Novela Os mesmos riscos da súa poesía aparecen na novelística de Vázquez Montalbán.
Serie Pepe Carvalho
Yo maté a Kenedy, Impresiones, observaciones y memorias de un guardaespaldas (1972). Planeta. Tatuaje (1975). Batlló. La soledad del manager (1977). Planeta. Los Mares del Sur (1979). Planeta.
Asesinato en el Comité Central (1981). Planeta. Los pájaros de Bangkok (1983). Planeta. La rosa de Alejandría (1984). Planeta. El balneario (1986). Planeta. Asesinato en Prado del Rey (en Asesinato en Prado del Rey y otras historias sórdidas) (1987). Planeta. El delantero centro fue asesinado al atardecer (1989). Planeta. El laberinto griego (1991). Planeta. Sabotaje olímpico (1993). Planeta. El hermano pequeño (1994). Planeta. Roldán, ni vivo ni muerto (1994). Planeta. El Premio (1996). Planeta. La muchacha que pudo ser Emmanuelle, El País, 3 de 30 de agosto de 1997 (tamén en Cuentos negros, Galaxia Gutenberg, 2011) Quinteto de Buenos Aires (1997). Planeta. El hombre de mi vida (2000). Planeta. Milenio Carvalho I. Rumbo a Kabul (2004). Planeta Milenio Carvalho II. En las antípodas (2004). Planeta. miniatura
Outras novelas
Recordando a Dardé (en Recordando a Dardé y otros relatos (1989). Seix Barral. E en Tres novelas ejemplares, Bruguera, 1983, Espasa-Calpe, 1988) Happy end (1974). Gaya Ciencia, (taménén en Tres novelas ejemplares, Bruguera, 1983, Espasa-Calpe, 1988, e en Escritos subnormales, Seix Barral, 1989, Mondadori, 2000) La vida privada del doctor Betriu (1983). (en Tres novelas ejemplares, Bruguera, 1983, Espasa-Calpe, 1988) El pianista (1985). Círculo de Lectores. En Mondadori, 1996 El matarife (1986). Almarabu.Tamén en Pigmalión y otros relatos, Seix Barral, 1987, Mondadori, 2000. Los alegres muchachos de Atzavara, (1987). Seix Barral, Mondadori, 2000. Pigmalión (en Pigmalión y otros relatos) (1987). Seix Barral, Mondadori, 2000) Cuarteto (1988 e2001). Mondadori. Galíndez (1990). Planeta. Autobiografía del general Franco (1992). Planeta. El estrangulador (1994 e 2000). Mondadori. O César o nada (1998). Planeta. El señor de los bonsáis (1999). Alfaguara. Erec y Enide (2002). Planeta. A trama transcorre en parte na Illa de San Simón.
Contos
Serie Pepe Carvalho
Historias de fantasmas (1987). Planeta. Historias de padres e hijos (1987). Planeta. Tres historias de amor (1987). Planeta. Historias de política ficción (1987). Planeta. Asesinato en Prado del Rey y otras historias sórdidas (1987). Planeta. El hermano pequeño (1994). Planeta. Cuentos negros (2011). Galaxia Gutenberg.
Outros
Recordando a Dardé y otros relatos (1969). Seix Barral. Pigmalión y otros relatos (1987). Seix Barral, Mondadori, 2000. Cuentos blancos (2011). Galaxia Gutenberg.
Gastronomía Tamén era gastrónomo. As referencias que fai á comida ou a gastronomía eran unha das características da serie Carvalho como o ritual de prende-la cheminea con libros que condenaba ó lume. Pero tamén ten obras estritamente feitas como gastrónomo como Contra los gastrónomos, obra de iniciación ao mundo da gastronomía, onde percorre todos os alimentos e todas as cociñas do mundo, dende a cociña tradicional á nouvelle cuisine, e mesmo analiza as modas alimenticias (que non gastronómicas) coma a "comida sa" e "o light". Outras obras gastronómicas súas son Cocina Catalana e Recetas inmorales.
L'art del menjar a Catalunya (1977). Edicions 62. La cocina catalana: el arte de comer en Cataluña (1979). Península. Las Cocinas de España: Cataluña; Extremadura; Galicia; Valencia (1980). Sedmay. Recetas inmorales (1981).Oh Sauce, Afanias,1996. Mis almuerzos con gente inquietant, (1994).Planeta. Contra los gourmets (1985). Difusora Internacional, Mondadori, 2001 Tiempo para la mesa (1986). Difusora Internacional. Las recetas de Carvalho (1989). Planeta. Les meves receptes de cuina catalana (1995). Ediciones 62. Carvalho gastronómico 1. Saber o no saber (2002). Ediciones B. Carvalho gastronómico 2. La cocina de autor en España (2002). Ediciones B. Carvalho gastronómico 3. La cocina del Mediterráneo y la mediterraneidad (2003). Ediciones B. Carvalho gastronómico 4. Beber o no beber (2003). Ediciones B. Carvalho gastronómico 5. Guía de restaurantes obligatorios (2003). Ediciones B. Carvalho gastronómico 6. La cocina de la harina y el cordero (2003). Ediciones B. Carvalho gastronómico 7. La cocina del mestizaje (2003). Ediciones B. Carvalho gastronómico 8. La cocina de los finisterres (2003). Ediciones B. Carvalho gastronómico 9. Diccionario indispensable para la supervivencia (2003). Ediciones B. Carvalho gastronómico 10. El otro recetario (2003). Ediciones B.
Ensaio Escribiu ensaios sobre xornalismo, política, socioloxía, deporte, historia, cociña, biografías, literatura e música. O seu primeiro ensaio foi Informe sobre la Información (1963). Outras obras:
Informe sobre la información, (1963). Fontanella, 3ª en 1975. Manifiesto subnormal (1963). Kairós (e en Escritos subnormales, Seix Barral, 1989, Pellicanolibri, 1980) Crónica sentimental de España (1971). Lumen, Grijalbo, 1998 Joan Manuel Serrat (1972). Júcar, e 1976, 1978 e 1984, Nortesur, 2010 El libro gris de Televisión Española (1973).Ediciones 99. Las noticias y la información (1973). Salvat Editores. La vía chilena al golpe de estado (1973). Saturno. La penetración americana en España (1974). Cuadernos para el Diálogo. Cien años de canción y Music Hall (1974). Difusora Internacional. La Capilla Sixtina: del proceso de Burgos al espíritu de febrero (1975). Kairós. ¿Qué es el imperialismo? (1976). Gaya Ciencia. Diccionario del Franquismo (1977). Dopesa. Cómo liquidaron al franquismo en dieciséis meses y un día (1977). Planeta. Imágenes y recuerdos. 1919-1930. La rebelión de las masas (1977). Difusora Internacional. Los demonios familiares de Franco (1978). Dopesa, Diario Público, 2009 La palabra libre en la ciudad libre (1979). Gedisa. Historia y comunicación social (1980). Bruguera, Crítica, 1997, Mondadori, 2000. Crónica sentimental de la transición (1985). Planeta. Barcelones Empúries (1987). Barcelonas Empúries (1987). Rafael Ribó: l'optimisme de la raó (1988). Planeta. Rafael Ribó: el optimismo de la razón (1988). Planeta. Escenas de la literatura universal y retratos de grandes autores (1988). Debuxos de Willi Glasauer, Círculo de Lectores. L'esquerra neccessària (1989). Organismos oficiais de administración. Escritos subnormales (1989). Seix Barral, Mondadori, 2000. Moscú de la revolución, Planeta (1990). Veinticinco años, veinticinco anuarios: del apagón de Nueva York a la caída del muro de Berlín (1991). Difusora Internacional. Gauguin, Flohic (1991). La literatura y la construcción de la ciudad democrática (1992). Bancaja. Decàleg del culé, Columna (1992). Novela negra, novela política (1993). Ibercaja. Felípicas (Sobre las miserias de la razón práctica) (1994). El País/Aguilar. Panfleto desde el planeta de los simios (1995). Crítica, Mondadori, 2000 Pasionaria y los siete enanitos (1995). Planeta. El poder (1996). Espasa, antoloxía de textos, selección de Francisco J. Satué Un polaco en la corte del rey Juan Carlos (1996). Alfaguara. Análise da vída política en Madrid, nos últimos anos de goberno de Felipe González. El escriba sentado (1997). Crítica, Mondadori, 2001, Diario Público, 2009 Elogis desmesurats, Empuréis (1997). La literatura en la construcción de la ciudad democrática (1998). Crítica, Mondadori. Y Dios entró en La Habana (1998). El País/Aguilar. Sobre Cuba, Fidel Castro e a visita do Papa Xoán Paulo II. Marcos: el señor de los espejos (1999). El País/Aguilar. Sobre o Subcomandante Marcos e o levantamento de Chiapas Geometría y compasión, Mondadori (2003). La aznaridad, Mondadori (2003). Fútbol. Una religión en busca de un Dios, (2005). Arena Abierta. La ciudad: ese imaginario o circunloquio sobre la deconstrucción de Barcelona (2008). Revista Antípodas, número XVIII. Jack el Decorador (2008). De Bolsillo.
Teatro e radio
Guillermotta en el país de las Guillerminas (1973). Anagrama. Espectáculo de Music Hall, música de Juan Luis Moraleda e José Aponte, escrito para ser interpretado por Guillermina Motta (tamén en Escritos subnormales, Seix Barral, 1989, Mondadori, 2000) Cuestiones marxistas (1974). Anagrama (Tamén en Escritos subnormales, Seix Barral, 1989, Mondadori, 2000) Flor de nit (1992). Editorial Boileau. Libreto de musical, música de Albert Guinovart.