A imprecación ou imprecatio é unha figura retórica de pensamento coa que se piden males para os demais. Con ela enfatízase a emoción do discurso e exprésase ira, indignación ou desprezo. A miúdo se salienta a relación da imprecación coa traxedia, pero esta figura non está limitada a este xénero.
Exemplos De Cantigas de escarnio e maldecir (1968), de Celso Emilio Ferreiro:
Escoita, puto nefando criado na servidume: non pasará o contrabando dise teu noxento estrume.
Grotesco escriba sandeu inxertado nun raposo: Castelao nunca foi teu porque Castelao é noso.
Categoría:Literatura Categoría:Retórica e figuras da lingua