Amund Ringnes é unha das illas das Sverdrup na rexión de Qikiqtaaluk, en Nunavut, Canadá. Atópase no océano Ártico, entre os 78 e 79 graos de latitude, situada entre a illa Ellef Ringnes ao leste e a illa de Axel Heiberg ao oeste. Ten unha extensión de 5.255 km², sen poboación permanente. Descuberta polo noruegués Gunerius Isachsen e reclamada por Noruega entre 1902 e 1930.

A illa foi bautizada por Otto Sverdrup na honra do fabricante de cervexa de Oslo Amund Ringnes (dono de cervexeira, 1840), un dos patrocinadores da súa expedición. Avistouna en 1900.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Illas Sverdrup

Ligazóns externas Amund Ringnes Island in the Atlas of Canada - Toporama; Natural Resources Canada The Ringnes Islands University of Guelph

Amund Ringnes, Illa de Amund Ringnes, Illa de Categoría:Illas deshabitadas Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica Categoría:Illas da Raíña Isabel