A chamada do Brindo é unha novela fantástica escrita por Xesús Manuel Marcos, e que forma parte da triloxía O Brindo de ouro, sendo esta a primeira parte da triloxía. Publicada no ano 2004 por Edicións Xerais, resultou gañadora ese mesmo ano do certame de literatura xuvenil, o Premio Merlín, organizado pola mesma editorial. A novela está situada nunhas terras míticas, cuxos xentilicios e topónimos son sacados de lugares do Courel, terra natal do autor.

A obra O protagonista, Selmo, é o fillo do gardián da tribo dos arxinas. Esta tribo, xunto cos broncedos, formarán os habitantes das Terras Outas. O protagonista atópase un día coa súa aldea, Cido, asolada e queimada por parte dos broncedos, sendo el o único supervivente. Deberá emprender unha aventura para recuperar o Brindo, un corno máxico feito de ouro co cal o seu pai avisaba á aldea cando se aveciñaba algún tipo de perigo.

No seu camiño atoparase con dous personaxes heroicos, Toimil e Oulego, que xunto co seu lobo albino Lombán, axudaranlle no seu obxectivo.

O libro conseguiu o premio Merlín no ano 2004 e o premio The White Ravens no 2005.

Traducións Ao castelán por Ánxela Gracián co título de El Brindo de oro publicado en 2008 por Editorial Anaya. Notas

Véxase tamén Outros artigos Xesús Manuel Marcos Premio Merlín O Brindo de ouro

Ligazóns externas Información xeral sobre o libro Ficha en Ed. Xerais

Categoría:Obras literarias de 2004 Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras gañadoras do Premio Merlín