Froitoso de Braga, ou Frutuoso, nado c. 600 e finado en Braga o 16 de abril de 665, foi un monxe e bispo de Dume. É venerado como santo pola Igrexa católica.

Traxectoria Naceu no último decenio do século VI, ou primeiros anos do VII, no seo dunha familia da aristocracia visigoda, probablemente na corte de Toledo ou no Bierzo.

Coñécese da súa vida por san Valerio, un dos seus discípulos, monxe copista e escritor que a escribe a súa biografía inmediatamente logo da súa morte. Na obra Vita Sancti Fructuosi destácanse case unicamente os aspectos da vida monacal, esquecendo a súa actuación como bispo que houbo de ter grande importancia e a súa intervención na vida civil e relixiosa do goberno visigodo na Gallaecia e Hispania.

miniatura|220 px|esquerda|Mosteiro de San Pedro de Montes no Bierzo, fundado por Froitoso de Braga.

En 1102 o bispo Diego Xelmírez levou da igrexa de Rebordáns (Tui) as reliquias de San Froitoso á catedral de Santiago de Compostela, onde foi enterrado solemnemente na cripta da catedral, xunto coas doutros santos veneradas na diocese de Braga."La iglesia de San Bartolomé, joya del románico", artigo de Antonio Bouzón no Faro de Vigo, 25 de outubro de 2003 .

A catedral de Santiago de Compostela celebra a solemnidade litúrxica da translación, denominada "Pío latrocinio", o 16 de decembro. Actualmente o santo pode ser venerado na capela das Reliquias.

Vinculado con este feito, foi construída a igrexa de San Froitoso de Santiago de Compostela.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Braga Categoría:Finados en 665 Categoría:Bispos entre 451 e 1054 de Galicia Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia