Xoán Manuel Balboa Vázquez, coñecido como Xan Balboa ou Xoán Balboa, nado no barrio de Recatelo, na cidade de Lugo, o 26 de decembro de 1938 e finado o 27 de novembro de 2009, foi un restaurador e ilustrador galego.

Traxectoria Traballou como restaurador do Museo Provincial de Lugo, traballou que compaxinou co seu labor artístico, tendo realizado un bo número de exposicións de debuxo, pintura e esmaltes. En colaboración, foi un dos editores da revista Axóuxere, no xornal ourensán La Región.

Como ilustrador, é ben coñecido por ser o debuxante de Das cousas de Ramón Lamote, o libro de literatura infantil do tamén lugués Paco Martín, así como tamén da súa secuela, Das novas cousas de Ramón Lamote.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Libros ilustrados polo autor Ilustración de Balboa Creacións de Xoán Balboa en ourizoazul.org

Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2009