O Canadá (en inglés e francés: Canada) é un país que ocupa a metade norte da América do Norte. Limita cos Estados Unidos de América, localizado ao sur do país (Estados Unidos continentais) e ao noroeste (estado norteamericano de Alasca). Ao norte localízase o océano Ártico, ao oeste, o océano Pacífico, e ao leste, o océano Atlántico.
O Canadá é o segundo maior país do mundo, por extensión territorial.
O Canadá é unha federación, unha democracia parlamentaria, constituída por 10 provincias e 3 territorios. O país forma parte da Commonwealth de Nacións e o xefe de Estado do país é o rei Carlos III de Inglaterra, que está representado no Canadá por un gobernador xeral. O xefe do goberno é o primeiro ministro, posto ocupado actualmente por Mark Carney. A capital do país é Ottawa.
O país obtivo súa independencia en 1 de xullo de 1867, do Reino Unido. Esta, porén, continuou a ter o control do Ministerio do Exterior do Canadá. O Canadá obtivo independencia total en 1931, segundo os termos do Estatuto de Westminster.
O Canadá é un dos países máis multiculturais do mundo. Tendo sido colonizada por franceses e ingleses, cerca dun terzo da poboación do Canadá posúe ascendencia inglesa, escocesa ou irlandesa; e un cuarto da poboación do país posúe algún grao de ascendencia francesa. Os tres maiores grupos minoritarios do país son italianos, alemáns e chineses.
Os Estados Unidos son o maior parceiro económico do Canadá. Por causa da súa gran poboación e do seu maior poder económico e influencia cultural, os Estados Unidos dominan gran parte da economía e da cultura do Canadá - aínda que moitos canadenses loitan para que eles sexan os principais responsables do control da economía do seu país, e para manter a cultura canadense viva e en pé, que desde o comezo do século XX viuse asociada á cultura norteamericana.
Etimoloxía O nome Canadá vén da palabra do iroqués de St. Lawrence kanata, que significa "vila" ou "asentamento". En 1535, os indíxenas que habitaban a actual rexión da Cidade do Quebec empregaban a palabra para dirixir ao explorador francés Jacques Cartier á aldea de Stadacona. Cartier empregou posteriormente a palabra Canadá para referirse non só a esta aldea en particular, senón a toda a área sometida por Donnacona (o xefe de Stadacona); por 1545, os libros e mapas europeos comezaron a referirse a esta rexión como Canadá.
No século XVII e principios do XVIII, "Canadá" referíase á parte de Nova Francia que se estendía ao longo do río St. Lawrence e a beira setentrional dos Grandes Lagos. A área foi posteriormente dividida en dúas colonias británicas, Alto Canadá e Baixo Canadá. Estas foron reunificadas na Provincia do Canadá en 1841.
Despois da Confederación en 1867, Canadá foi adoptado como o nome legal para o novo país, e a palabra Dominion foi conferida como título do país. Porén, como o Canadá afirmou a súa autonomía política do Reino Unido, o goberno federal incrementou o uso simplemente de Canadá nos documentos e tratados do estado, un cambio que se reflectiu no renomeamento do día nacional de Dominion Day a Canada Day in 1982.
Historia
Política
O xefe de Estado do Canadá é o rei Carlos III, Reino de Gran Bretaña e dos demais reinos da Commonwealth. As tarefas do xefe de estado son exercidas no Canadá por un representante, polo gobernador xeral, que é xeralmente un político ou outro canadense prominente, escollido polo rei, a través dun consello do primeiro ministro do Canadá. Nin o rei nin o gobernador xeral posúen apenas poderes, senón que o gobernador xeral participa máis de cerimonias e papeis simbólicos, incluíndo a aprobación (simbólica) das leis propostas e discutidas polo Senado do Canadá. O gobernador xeral tamén abre e pecha sesións do parlamento, e disolve o parlamento antes da realización de eleccións nacionais.
O gobernador xeral tamén aproba - simbolicamente - o líder de goberno, o primeiro ministro do Canadá, considerado por moitos tamén o xefe de estado do país (dado o papel apenas simbólico do rei Carlos e o seu representante no país). O primeiro ministro do Canadá é o líder do partido político que conseguiu máis votos e representantes na Casa dos Comúns do Canadá. O primeiro ministro, pola súa banda, escolle os membros do Gabinete, que son membros do partido político do primeiro ministro, en ambas as casas lexislativas. O Poder Executivo no país é exercido polo primeiro ministro e polo Gabinete.
O Poder Lexislativo do Canadá posúe dúas casas: A Casa dos Comúns do Canadá - cuxos membros son directamente escollidos pola poboación - e o Senado, cuxos membros son escollidos polo Gobernador-Xeral, a consello do primeiro ministro do Canadá. Para que leis entren en vigor no país, votos de ambas as casas son necesarias, aínda que a Casa dos Comúns, tamén chamada de Lower House, é sensibelmente máis poderosa do que o Senado, tamén chamada de Upper House. Os membros da Casa dos Comúns posúen mandatos que expiran nunha nova elección - que acontece a cada 4 anos, podendo concorrer á reelección, cantas veces quixesen. Os membros do Senado son propostos polo primeiro ministro (e aprobados polo Gobernador Xeral) regularmente, e serven no Senado ata completaren os 75 anos de idade, ou decidir renunciar.
250px|dereita|miniatura|Vista do Parlamento do Canadá.
O Canadá posúe catro principais partidos políticos. O partido tradicionalmente centrista Partido Liberal do Canadá gobernou o Canadá durante a maior parte do século XX, e é tamén o partido político actualmente no poder, cuxo líder (e primeiro ministro do país) é Mark Carney. Apenas outro partido político no país conseguiu chegar ao poder desde que o Canadá chegou ao poder, o xa extinto Partido Progresivo Conservador do Canadá, e o seu predecesor, o Partido Conservador do Canadá. O Partido Progresivo Conservador actualmente é o Partido Conservador do Canadá, resultante da fusión da primeira coa Alianza do Canadá, en decembro de 2003. O Novo Partido Democrático do Canadá é un partido político de esquerda, e o Bloc Quebecqois é un partido político de grande influencia no Quebec. Hai outros partidos políticos de menor importancia no país, e ningún deles posúe actualmente representantes no parlamento.
O Sistema Xudicial do Canadá é o principal intérprete das leis do país, e posúe o poder de anular calquera lei criada no país, que viole a constitución. O Tribunal Supremo do Canadá é o tribunal máis alto do país, árbitro final de calquera procesos Xudiciais. O Código Penal do Canadá é de responsabilidade federal, e uniforme ao longo do país. A Common Law é exercida polo goberno federal en todo o país excepto Quebec, que posúe a súa propia Common Law. O aseguramento do cumprimento das leis dos país é de responsabilidade provincial, aínda que varias provincias contraten os servizos da Royal Canadian Mounted Police (Real Policía Montada do Canadá) para esta tarefa. A Real Policía Montada do Canadá é a única forza policial do mundo que opera en tres niveis: municipal, provincial/territorial e federal.
O Canadá é un membro das Nacións Unidas, da Commonwealth, da Francofonía, da Organización dos Estados Americanos, da Organización do Tratado do Atlántico Norte, da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico, do Tratado de libre Comercio de América do Norte, da Organización Mundial do Comercio, do G8 e da Cooperación Económica Asia-Pacífico.
Dereitos humanos
Subdivisións
O Canadá está constituído por dez provincias e por tres territorios. Cada unha das provincias posúe certo grao de autonomía en relación ao goberno federal. Os territorios posúen un grao de autonomía menor do que as provincias. Cada unha destas subdivisións, á súa vez, posúe os seus símbolos provinciais/territoriais.
Xeografía miniatura|300px|Mapa político do Canadá.
O Canadá ocupa a metade superior da América do Norte, máis precisamente, 41% de todo o continente. O seu único veciño é os Estados Unidos de América, con quen limita ao sur (EUA continental) e ao noroeste (estado de Alasca). Na costa sur da Terra Nova e Labrador localízase Saint Pierre et Miquelon, un territorio ultramarítimo da Francia. O Canadá esténdese desde o océano Atlántico, ao leste, ata o océano Pacífico, ao oeste - este feito é a orixe do lema do país, "De mar a mar". Ao norte localízase o océano Ártico, con Groenlandia ao noroeste. A comunidade urbana máis setentrional do país (e do mundo) é a Canadian Forces Station Alert, na Illa Ellesmere - a súa latitude é de 82.5° norte, localizada a apenas 834 km do Polo Norte.
O Canadá é o segundo maior país, en área territorial, do mundo. Moito do Canadá localízase en rexións árticas, porén, e así sendo, o Canadá posúe apenas a cuarta maior cantidade de área arable do mundo, perdendo para a Rusia, China e os Estados Unidos. Mentres que o Canadá ocupa unha área maior de que os EUA, posúe apenas un nono da súa poboación. Cerca de metade do país está cuberto por bosques boreais.
Cerca do 60% da poboación do país vive na rexión dos Grandes Lagos/Val do río San Lourenzo. Ao norte desta rexión densamente habitada localízase o Canadian Shield, que se estende ao longo do norte do país, cubrindo preto do 55% do Canadá. O solo da rexión fora pesadamente erosionado por xeeiras e ventos fortes na Idade do xeo. Este solo caracterízase por estar constituído por rochas extremadamente duras, e por ser rico en minerais. Cerca do 60% dos lagos e 40% da auga doce do mundo están contidas dentro dos límites territoriais do país.
A Terra Nova, a illa máis occidental da América do Norte, localízase na foz do golfo do San Lourenzo, o maior estuario do mundo. Xa as provincias de Novo Brunswick e Nova Escocia están divididas pola Baía de Fundy, lugar onde ocorren as maiores variacións de mareas. Na rexión tamén se localiza a Illa do Príncipe Eduardo, a menor provincia do Canadá.
250px|dereita|miniatura|Vista de Jasper, Alberta, e das Montañas Rochosas.
Ao oeste de Ontario, e ao leste das Montañas Rochosas, localízanse os Campos do Canadá (Canadian Prairies), que se caracteriza polo seu terreo pouco accidentado e polo seu solo relativamente fértil.
O extremo norte do Canadá está formado por un vasto arquipélago, que contén varias das maiores illas do mundo.
O sur do Canadá caracterízase polo seu clima temperado, con catro estacións ben definidas, mentres o norte do país se caracteriza polo seu clima polar, con invernos longos e moi fríos, e veráns curtos e fríos. Os invernos do país son fríos, e todo o país está á mercé de tempestades de xeo, aínda que algunhas rexións sofren máis deste problema do que outras. As temperaturas poden chegar facilmente a un mínimo de -50 °C no extremo norte do país. A temperatura máis baixa xa rexistrada, -63 °C, na América do Norte foi rexistrada en Snag, Yukon. Xa os veráns do país tenden a ser quentes no sur do país (máximas de 30-35 °C no leste, de 25-30 °C no oeste do país, e de 35 a 42 °C no interior do país).
Economía
En tempos coloniais, a economía do Canadá estaba dominada polo sector primario - fundamentalmente, a caza, comercio de peles e pesca, que comezaron no século XVII, pola agricultura, que pasou a ser practicada a partir do século XVIII, e pola minería, a partir do século XIX. Estas aínda son relativamente importantes no Canadá, sendo unha fonte de renda importante para unha pequena parcela da poboación do país. Porén, desde a primeira guerra mundial, o gran crecemento dos sectores de manufacturación, minería e de servizos e comercio transformaron o Canadá dunha economía fundamentalmente rural nunha industrial e urbana - facendo do sector terciario - comercio e servizo - a maior fonte de renda do país, seguida polo sector secundario - industria, minería e manufacturación.