Xosé Luís Fernández, chamado Lucho Fernández, nado en Ferrol o 4 de agosto de 1975, é un xogador de baloncesto galego.
Traxectoria Pola súa altura e movementos, Lucho Fernández ten xogado tanto de ala como de ala-pivote. Criado e formado na canteira ferrolá, debutou no CB Galicia de Ferrol, onde xogou entre 1996 e 1999. Despois pasou a distintos equipos de nivel español, coma CB Los Barrios (99-01) ou brevemente en CB La Palma (01), para rematar despois no Bilbao Basket, onde xogou catro tempadas consecutivas (de 2001 a 2005. Despois regresou á itinerancia, fichando polo Aguas de Calpe (05-06) e logo polo León Caja España (06-07). Xa ao final da súa carreira fichou polo TAU Cerámica, de Liga ACB, co conseguiría o seu maior éxito ao gañar o título da liga española de baloncesto.
Foi internacional coa selección de baloncesto de Galicia nun partido celebrado en 2006 contra o Xapón (onde converteu 8 puntos), e en dous partidos celebrados en 2008, onde conseguiu 35 puntos (17 contra Portugal e 18 contra Euscadi).
Palmarés Liga ACB 2008 Copa Príncipe de Asturias 2007 Liga LEB 2004.
Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes