Un material de construción é un produto natural ou preparado usado en enxeñería civil e arquitectura. Os materiais de construción clasifícanse segundo as súas propiedades ratificadas con ensaios.

Regulación Nos países desenvolvidos, os materiais de construción están regulados por unha serie de códigos e normativas que definen as características que deben cumprir, así como o seu ámbito de aplicación. O propósito desta regulación é dobre: por un lado garantir uns estándares de calidade mínimos na construción, e polo outro lado, permitirlle aos arquitectos e enxeñeiros coñecer de forma precisa o comportamento e características dos materiais que se poidan empregar.

As normas internacionais máis empregadas para regular os materiais de construción son as normas ISO.

Clasificación A clasificación dos materiais empregados na construción segundo a súa orixe: Materias pétreos naturais e artificiais. Aglomerantes, o cal, o xeso, os cementos... Materiais metálicos Materiais orgánicos, as madeiras e os plásticos. Outros materiais como os bituminosos, pinturas e illantes.

Categoría:Materiais Categoría:Construción