Barbuñales (Barbuñals en aragonés) é un concello español da provincia de Huesca, situado na comarca do Somontano de Barbastro. A súa poboación era de 116 habitantes en 2005, sobre unha área superficial de 18,75 km², o que lle confería unha densidade de 6,19 hab/km². Dista 42 km da cidade de Huesca.

Xeografía Dentro do termo municipal está comprendido o lugar despoboado de Lizana, orixe probábel dun apelido común no Bajo Aragón e Matarraña, ás veces tido por navarro.

Sitios de interese Igrexa parroquial de San Lourenzo, de estilo barroco, datada en 1666. capela da familia Azara, co sepulcro neoclásico de José Nicolás de Azara. Ermida de Santa Bárbara (restaurada hai pouco). Fonte das Calzadas (1571). Casa dos Azara, con pedra de armas.

Festas 20 de xaneiro 10 de agosto 4 de decembro

Categoría:Concellos da provincia de Huesca