A Pléiade (que nun primeiro momento foi chamado «A Brigada») é un grupo de sete poetas franceses do século XVI reunidos ó redor de Pierre de Ronsard e Joachim du Bellay.

Orixes do grupo Despois da desaparición de Clément Marot, a gran figura da poesía francesa no Século XVI moitos foron os que trataron de imitar ao gran mestre, formando o que se chamou a Escola Marótica, epígonos carentes de orixinalidade entre os que destacou a figura de Mellin de Saint-Gelais. Esta escola sería o branco dos ataques dos renovadores de A Pléiade.

Con todo, e antes de que este grupo brillara no ceo poético francés, o eixo desprazouse á cidade de Lión, onde xurdiu un interesante grupo de poetas, agrupados na chamada Escola Lionesa. Unha das características deste grupo é que había poetas (Maurice Scève) e poetisas (Pernette du Guillet, Louise Labé).

A partir de 1547 e ao longo de cinco anos, unha serie de xoves admiradores da cultura greco-latina acudiron aos cursos do célebre humanista Dorat, no colexio de Coqueret, en París. Entre eles ficaban Ronsard, du Bellay e Baïf. Estudaban ós grandes mestres clásicos baixo o recente prisma do humanismo. A petición de Francisco I, traballaron tamén pola estandarización e o enriquecemento da lingua francesa, engadindo cultismos e neoloxismos que serviron para enriquecela.

A Defensa e ilustración da lingua francesa Esta obra publicouse, coa sinatura de Joachim du Bellay no 1549. Trátase dun manifesto que dalgún xeito resume a doutrina do grupo. O grupo nega a poesía como exercicio de enxeño: a misión do poeta é servir á Beleza e facer que a xenialidade francesa se manifeste. Como para facer prosperar as súas teorías era preciso ser máis belixerantes ao comezo, adoptaron o nome de A brigada. Con todo, máis adiante transformáronse en A Pléiade e, aínda que con baixas e altas máis adiante, foron (como as estrelas da constelación) sete:

Joachim Du Bellay Pierre de Ronsard Antoine de Baïf Rémy Belleau Étienne Jodelle Pontus de Tyard Jean Dorat

Tamén se consideran membros do grupo nalgún momento Guillaume des Autels, Jacques Pelletier du Mans e Jean de la Péruse.

Defenden á vez a imitación dos autores greco-latinos e o valor cultural da lingua francesa. Manifestan o alexandrino e o soneto como formas poéticas maiores.

Categoría:Literatura en lingua francesa Categoría:Literatura de Francia