Paraños é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 74 habitantes (30 homes e 44 mulleres), quince menos ca en 2006.

O topónimo débese a que o terreo está construído nun páramo, unha zona elevada e rochosa. Posiblemente vén do latín ou similar. Neste lugar está o cruceiro de Paraños e o petróglifo da Chan do Muíño.

Lugares e parroquias Lugares de Carballedo

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade