Pedro González Alonso, máis coñecido como Pedro Alonso, nado en Vigo o 21 de xuño de 1971, é un actor galego. É licenciado pola Real Escola Superior de Arte Dramática e realizou estudos tamén de teatro e danza.
Traxectoria Conseguiu popularidade en famosas teleseries da Televisión de Galicia. Fixo o papel de Pedro en Rías Baixas e protagonizou Padre Casares, unha das series do prime time con maior audiencia. Participou tamén noutras producións televisivas menos populares como Maridos e mulleres ou O espello.
No ámbito español traballou en A las once en casa, Todos los hombres sois iguales, Condenadas a entenderse, Mediterráneo, Gran Hotel ou Código fuego, esta última xunto a Maribel Verdú e José Coronado.
Ten experiencia en teatro independente e institucional, con compañías como La Fura dels Baus e o Teatro Clásico Nacional, así como coa súa propia, Grupo Dom.
Fíxose recoñecido a nivel mundial grazas ao éxito da serie La casa de papel, finalizada en 2021, e na que interpreta o papel de Andrés de Fonollosa Gonzalvez «Berlín». Coincidindo co final de dita serie, Netflix anunciou o lanzamento dun spin-off en 2023 baseado na vida do seu personaxe.
Filmografía Como actor Ano Título Papel Dirección Notas 1995 Hábitos Juan Flahn curtametraxe 1996Paranoia dixital chavaloteÁngel de la Cruz 1996Alma gitana AntonioChus Gutiérrez 1996Tengo una casa FerrariMónica Laguna 1997 El pliegue del hipocampo Xavi Covadonga Icaza curtametraxe 1997 Las vacaciones de Clara Alan Javier Baudoin 1997 Niño nadie Alex José Luis Borau 1998 Insomnio Miguel Chus Gutiérrez 1999 Flores de otro mundo Icíar Bollaín 2003 Noviembre garda Achero Mañas 2005 El calentito Marcos Chus Gutiérrez 2005 La noche del hermano porteiro de disco Santiago García de Leániz 2005 A Atlántida Boris Belén Macías telefilme 2008 A Bela OteroCunha audiencia en Galicia (o 8 de xaneiro de 2008) de 135.000 espectadores (16,9%) e en Cataluña (o 1 de xaneiro de 2008) de 379.000 espectadores (16,1%) Venancio Romero Jordi Frades telefilme 2008 O espello Álex Sampayo telefilme 2010 18 comidas Vladímir Torres Jorge Coira 2014 A praia dos afogados Arias Gerardo Herrero
Como director Ano Título Actores Produtor Notas 2006 Amigos invisíbeis Darío Loureiro, Antonio Durán "Morris" Pedro Alonsocurtametraxe
Series de televisión Ano Título Papel Cadea Notas 1997 Todos los hombres sois iguales Raúl Telecinco 5 episodios 1998-1999 A las once en casa Alejo La 1 28 episodios 2000 Raquel busca su sitio La 1 1 episodio 2001 Pequeno Hotel TVG 1 episodio 2002 El comisario Iván Telecinco 1 episodioObtivo unha audiencia en España de 3.759.000 espectadores (22,2%). 2003 Código fuego Tomás 'Toni' Antena 3 6 episodios 2003-2005 Rías Baixas Pedro Soutelo TVG 2005 Hospital Central Curro Gómez Telecinco 1 episodioObtivo unha audiencia en España de 4.782.000 espectadores (30,3%). 2006 A vida por diante TVG 1 episodio 2006-2007 Maridos e mulleres Carlos TVG 28 episodios 2007 RIS Científica Héctor Telecinco 1 episodioObtivo unha audiencia en España de 2.375.000 espectadores (14,7%). 2008-2011 2013-2015 Padre Casares Padre / Bispo Horacio Casares TVG 136 episodios 2009 Gondar Pedro Soutelo TVG 22 episodios 2011 14 de abril. La república La 1 2 episodios 2011-2013 Gran Hotel Diego Murquía / Adrián Vera Celande Antena 3 39 episodios 2014-2015 Bajo sospecha Roberto Vega Sánchez Antena 3 8 episodios 2015 Hospital Real Andrés Osorio TVG 15 episodios 2016 El Ministerio del Tiempo Tenente Saturnino Martín Cerezo La 1 2 episodios La embajada Pablo Villar Antena 3 11 episodios 2017-2021 La casa de papel Andrés de Fonollosa Gonzalvez «Berlín» Antena 3 / Netflix 31 episodios 2017-2018 Traición Roberto Fuentes del Riego La 1 9 episodios 2018-¿? Diablo Guardián Gallego Amazon Prime Video 4 episodios2023BerlínAndrés de Fonollosa «Berlín»Netflix
Teatro Por amor al arte (2003) Los justos (2013) O Crédito (2015)
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado2013Mellor interpretación masculina secundariaGran HotelNomeado2010Mellor interpretación masculina protagonistaPadre CasaresNomeado2009Mellor interpretación masculina protagonistaPadre CasaresNomeado2008Mellor interpretación masculina protagonistaPadre CasaresNomeado
Festival de Televisión de Montecarlo Ano Categoría Película Resultado2008Ninfa de Oro ao Mellor actorPadre CasaresNomeado
Festival de Cine de Bogotá Ano Categoría Película Resultado1996Mellor actorTengo una casaCandidato
Festival de Cine de Comedia de Peñíscola Ano Categoría Película Resultado1998Mellor actorInsomnioCandidato
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Consello da Cultura Galega
Categoría:Actores de Vigo Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en 1972