Grant Allen, nado en Kingston, Ontario, en 1848 e finado en Haslemere, Surrey, en 1899, foi un escritor científico e novelista canadense.
Traxectoria Fillo de Joseph Antisell Allen, un pastor protestante irlandésTheodore Rand. Treasury of Canadian Verse. Ayer Publishing, 1901, páxina 387William Greenslade e Terence Rodgers Grant Allen: Literature and Cultural Politics at the Fin de Siècle. Ashgate Publishing, 2005, páxina 24, estudou en Irlanda e Francia, e en 1873 foi empregado como profesor en Xamaica. Allen, a pesar da súa formación relixiosa, tiña unha ideoloxía agnóstica e socialista. En 1876 regresou a Inglaterra, onde gañou reputación cos seus escritos científicos e obras literarias.
Os seus primeiros libros foron de divulgación científica como Physiological Æsthetics (1877) e Flowers and Their Pedigrees. Entre 1884 e 1899 escribiu 30 novelas, The Woman Who Did (1895) foi a máis popular, conta a historia dunha muller independente que ten un fillo fóra do matrimonio.
Obras
Physiological Æsthetics (1877) Philistia (1884) The Devil's Die (1888) The White Man's Foot (1888) The Great Taboo (1891) The British Barbarians (1895) The Woman Who Did (1895) The Evolution of the Idea of God (1897)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Textos dixitais de Grant Allen Sitio dedicado a Grant Allen
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores do Canadá Categoría:Nados en 1848 Categoría:Nados en Ontario Categoría:Finados en 1899 Categoría:Novelistas do Canadá