Alfredo García Ramos, nado en Cumeiro (Vila de Cruces) o 7 de febreiro de 1877 e finado en Caldas de Reis o 21 de agosto de 1934, foi un xornalista, escritor e xurista galego.
Traxectoria
Fillo do médico Manuel García Segond e irmán do tamén deputado na Segunda República José García Ramos, Alfredo licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1897. Exerceu como avogado en Arzúa e abriu bufete na Coruña en 1899. Colaborou en El Eco de Santiago, Gaceta de Galicia, El Noroeste, La Voz de Galicia, El Látigo, Luz y Sombra, Galicia en Madrid e Galicia da Habana; foi redactor de Diario de La Coruña, do que cheou a ser director. Empezou a súa carreira como fiscal de Santiago de Compostela e logo pasou a ser Xuíz municipal da Coruña en 1903. Foi Secretario da Audiencia da Coruña, Secretario de Goberno e Vicepresidente do Tribunal Supremo e primeiro director do xornal coruñés El Ideal Gallego. Alfredo García Ramos é autor de diferentes tratados xurídicos e económicos centrados principalmente en Galícia. En 1933 presentouse ás eleccións ás Cortes da República como independente por Pontevedra gañando o seu escano e integrándose na coalición Independientes de Derechas, que tiña como portavoz a Abilio Calderón. Grande amigo do xornalista e escritor Alejandro Pérez Lugín, á morte deste, García Ramos foi responsable da reorganización e finalización da novela Arminda Moscoso.
Obras Estilos consuetudinarios y prácticas económico-familiares y marítimas de Galicia, 1909. Arqueología jurídico-consuetudinaria-económica de la región gallega, 1912. El regionalismo gallego en su aspecto confesional, monárquico y unitario, 1918.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Xornalistas de Vila de Cruces Categoría:Nados en Vila de Cruces Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1934 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega