San Pedro do Buriz é unha parroquia que se localiza ó norte do concello de Guitiriz, a uns 11 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2020 tiña 339 habitantes (168 mulleres e 171 homes) distribuídos en 32 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2013 cando tiña 380 habitantes.
Historia Os lugares de Estremil, Galiñeiro, A Granxa, O Prado Vello, O Rodeiro, Saa e O Toxiño pertenceron á parroquia até 1919, cando pasaron a Labrada. Esta incorporación formulouse xa na reforma parroquial da diocese de Mondoñedo de 1895; porén, agardouse ó pasamento do párroco Andrés Pérez do Barro. A finais da década de 1960 realizáronse na parroquia escavacións arqueolóxicas dirixidas por Fermín Bouza-Brey e Carlos García Martínez.
Lugares e parroquias Lugares do Buriz
Parroquias de Guitiriz
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Guitiriz
Categoría:Parroquias de Guitiriz Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro