O Metro de Sevilla é unha rede de ferrocarril metropolitano lixeiro que opera na cidade andaluza de Sevilla, en España. A primeira liña foi inaugurada o 2 de abril de 2009, aínda que na data de inauguración só se puxo en funcionamento en torno ao 80 % do trazado con 17 das 22 estacións previstas, todas as restantes (salvo a estación de Guadaíra) estiveron operativas meses máis tarde, no outono dese mesmo ano. Actualmente é a quinta rede de metro de España en canto ao número de persoas transportadas e quilómetros explotados.

A liña 1 conta cun total de 22 estacións repartidas por catro termos municipais do área metropolitana, a cuarta de España con máis de 1 500 000 habitantes. A tipoloxía desta primeira liña é subterránea polos núcleos urbanos polos que transcorre, e en viaduto ou en superficie con plataforma 100% segregada nas zonas non urbanizadas do exterior dos municipios.

A rede de Metro de Sevilla foi a sexta inaugurada en España, por detrás dos metros de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, e Palma de Mallorca. Á súa vez, foi o primeiro dos metropolitanos de Andalucía en prestar servizo, por diante das redes de Málaga e Granada.

Liñas A táboa de abaixo describe cada unha das liñas do Metro de Sevilla. Emprégase a cor utilizada para a súa representación nos mapas. Dáse información da data de apertura da primeira sección de cada liña, lonxitude e o número de estacións das mesmas. As liñas 2, 3 e 4 aínda están en proxecto.

20px|link= Metro de Sevilla Liña     Percorrido       Lonxitude     Estacións     Plataformas     Inauguración   <center>26px|link=Liña 1 (Metro de Sevilla) <center> Ciudad Expo Olivar de Quintos 18 km 22 65 m 02.04.2009            Redactando o proxecto construtivo: <center>26px|link=Liña 2 (Metro de Sevilla) <center> Torreblanca Puerta Triana <center>13,4 km<center> <center>19<center> <center>-<center> <center>-<center> <center>26px|link=Liña 3 (Metro de Sevilla)<center> Pino Montano Bermejales <center>11,5 km<center> <center>17<center> <center>-<center> <center>2030 (parcial)<center> <center>26px|link=Liña 4 (Metro de Sevilla)<center> Liña circular <center>17,7 km<center> <center>23<center> <center>-<center> <center>-<center>

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do Metro de Sevilla (empresa concesionaria) Sitio oficial do Metro de Sevilla

Sevilla Categoría:Transporte en Sevilla